Este módulo da resposta ás funcións de planificación da realización de proxectos de televisión necesarias para o desenvolvemento destes. Estas funcións aplicaranse nos procesos de televisión e permitirán a definición do formato do programa, o desenvolvemento da escaleta a partir da desagregación do guión, a definición dos materiais e os recursos necesarios, a planificación da realización multicámara e o control dos tempos de emisión, publicidade e autopromoción en procesos de continuidade televisiva.