MÁIS PREMIOS PARA O C.S. DE EFICIENCIA ENERXÉTICA
PREMIO Á MELLOR IDEA DO EIDO AMBIENTAL PARA 3 ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA II EDICIÓN DO CERTAME “FP IDEA 2011” POLO PROXECTO EMPRESARIAL VIRTUS AUDITORES.
Virtus Auditores S.C.G, é un proxecto empresarial realizado polos alumnos do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica, Raquel Pérez Groba, Eloy Barcia Pérez e Francisco Javier Lobeira Villar. O obxectivo de Virtus Auditores S.C.G (Sociedade Cooperativa Galega) sería a realización de auditorias e certificacións enerxéticas a edificios e instalacións, tanto de empresas como de particulares, así como prestar asesoría na implementación de medidas correctoras que logren aforros económicos.
Alberto Pereira López, profesor que titorizou os alumnos e Juan Antonio López Fernández, director do IES As Mercedes acompañaron os galardoados no acto de entrega de premios celebrado o día 7 de novembro de 2011 no CIFP Politécnico de Santiago.
Os premiados, que na actualidade fan o primeiro curso de Enxeñería Enerxética na Universidade de Vigo percibirán unha dotación económica e o profesor encargado do proxecto gañador recibirá un premio en forma de equipamento informático.