VISITAS AO PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

 

O pasado 24 de novembro, alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO  visitaron as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento Galicia co obxectivo xeral de adquirir unha maior sensibilidade e conciencia da interrelación entre enerxía, esgotamento dos recursos enerxéticos, benestar social e medio, de fomentar actitudes participativas na protección e mellora da natureza, así como na utilización responsable do consumo enerxético na vida diaria e observar as novidades e avances tecnolóxicos que, no campo da produción enerxética, posibilitarán un futuro sostible para o Planeta.

O 28/11/11 fixérono  os segundos cursos dos ciclos formativos da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos Autopropulsados cos mesmos obxectivos xerais e o específico de poder observar in situ a xeración de hidróxeno e de ter a posibilidade de conducir un vehículo eléctrico.

 

Máis fotos: