40 aniversario

Nunca te entregues ni te apartes

junto al camino, nunca digas

no puedo más y aquí me quedo ...

José Agustín Goytisolo

 

Sirvan estes versos de Goytisolo para animar aos alumnos nos momentos de desánimo e para que contribúan a acadar os seus obxectivos académicos e persoais.

Sirvan tamén para manter sempre vivo o compromiso e os ideales de cantos conformamos a COMUNIDADE ESCOLAR do Instituto e para todos os que veñan detrás.

Aos que estiveron antes e fixeron posible este aniversario un saúdo cariñoso, para os que xa nos deixaron o máis emotivo recordo.

Pasaron os primeiros corenta anos e moitos máis quedan por vir.