PREMIOS CEL

PRIMEIRO PREMIO PARA O CICLO SUPERIOR DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA XIII EDICIÓN DOS PREMIOS ANUAIS DA FUNDACIÓN CEL POLO TRABALLO Konfort S.C.G (modalidade "Proxectos de creación de empresas por alumnos de F.P"). 

(20/10/2011)


Foto: El Progreso

Konfort S.C.G, é un proxecto empresarial realizado polos alumnos do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica, Yessica Seoane, Pablo Rochela e Brais Fernández. Presenta solucións no aforro económico e medioambiental, en edificios e instalacións, a partir dunha maior eficiencia enerxética.

Á cea posterior á entrega do premio (1.800 euros, diploma e estatuiña da fundación CEL) asistiron os galardoados acompañados de parte do equipo directivo do IES As Mercedes.