Inicio

CURSIÑO DE CAPACITACIÓN

Ola, presentadores/as:

Espero que desfrutedes do voso novo posto de traballo. Pero antes de empezar, vexamos que tal vos dades traballando a vosa voz para falar en público. O voso traballo consistirá no de prestar a vosa voz para transmitir os contidos. Pero lembrade algo: todos somos necesarios neste proxecto.

Ser presentador, tamén é unha responsabilidade, porque estaredes vós sos defendendo o traballo de todo o grupo. Así que o primeiro que tedes que facer será aprender a falar en público.

Fíxadevos no seguinte vídeo:

Practicando a fala

Duración: 2 minutos.
2:00
Agrupamiento: 1
1

O vídeo que acabas de ver, está pensado para unha presentación ante un público, e isto da radio ten a facilidade de que ninguén nos ve mentres grabamos; aínda así este vídeo serviranos para que vaias practicando para a gravación do primeiro programa de radio.

Terás que gravarte lendo, ou máis ben declamando un texto que eu te proporcionarei, pero antes de nada, comprobemos que tes claros estos consellos para falar ante os ouvintes...

Coñezo todo sobre falar en público

Contes as seguintes preguntas antes de empezar coproceso de gravación:

Pregunta 1

Da igual a idade do público ao que me dirixa, fareino sempre do mesmo xeito.

Pregunta 2

Para facelo ben é mellor que coñezas os temas dos que fales.

Pregunta 3

Será moi positivo que practiques en voz alta.

Pregunta 4

Para ter un bo discurso será preciso que planifiques as pausas e o ritmo previamente.

Pregunta 5

O mellor xeito de ter un bo discurso é imitando a outros presentadores de radio e televisión.

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0