Inicio

CURSIÑO DE CAPACITACIÓN

Ola, creativos!

Espero que desfrutedes do voso novo posto de traballo. Pero antes de empezar, vexamos que tal vos dades traballando na parte creativa da nosa radio de aula. O voso traballo consistirá no de crear unha imaxe corporativa, o soño de calquera alma creativa coma a vosa.

Fíxadevos na seguinte imaxe:

Imaxe con algúns dos logos máis representativos

Fonte: http://www.anairas.com/mas-emblematicos-logos-de-todos-tiempos-y-evolucion-infografia/

Deseñando un logotipo

Seguramente coñezas moitas destas marcas. Todas teñen algo en común. A súa imaxe é recoñecida en países de todo o mundo. Detrás destes deseños hai persoas que traballan a diario para facelo posible. Verás, o dito “unha imaxe vale máis que mil palabras” neste caso quédase corto. Ti serás o encargadx de mostrar a nosa radio ó mundo!!

Pero antes de que collas as cores e te poñas a debuxar, quero decirte que hai cousas que debes facer primeiro. Para comezar terás que ler este cursiño sobre logotipos, dun xeito comprensivo, para poder aprender todo o que poidas aplicar no teu deseño. E..., o nome? Te preguntarás. Pois esta tarefa é cousa do equipo de creación de contidos. Polo momento, céntrate na imaxe.

Estou segura de que farás unha creación alucinante!!

Consellos e pasos para deseñar un bo logotipo, con exemplos.

Un bo logotipo refrexa os valores da marca mediante o uso de formas, cores e tipografías. O seu obxetivo é inspirar confianza e reconocimiento e axuda á empresa a desmarcarse da competencia. Debemos ser moi coidadosos á hora de deseñar un logotipo xa que se está ben feito cumprirá a súa función, pero se non é así o efecto será o contrario, un logotipo mal feito dará sensación de abandono e falta de seriedade.

Para comezar, que impresión te dan estes logotipos?

Que é un logotipo?

Acostumamos a empregar a palabra logotipo para referirnos a calquera representación visual dunha marca, sexa un icono, un texto o unha mezcla de ambas. Nembargantes, isto no é do todo correcto.

En publicidade, distinguimos: logotipo, imagotipo, isotipo e isologo.


Logotipo

Un logotipo é a representación gráfica dunha marca que está formada únicamente por letras. Por exemplo, o de Coca-Cola, Disney ou Canon.

Imagotipo

É unha representación gráfica que contén un elemento pictográfico e outro textual. Por tanto, este último é lexible e o primero non. Véxase o imagotipo da marca de impresoras Kyocera.

Isotipo

O isotipo é la representación visual dunha marca cando está formada por unha imaxe. No a podemos ler, non hai texto. É un distintivo que se recoñece a simple vista. Por exemplo, a mazá de Apple.

Isologo

O isologo é a representación gráfica dunha marca que unifica o elemento pictográfico e o textual nunha mesma imaxe. O “logo” de Burger King é un bo exemplo.

Características principais que debe ter un bo logotipo

Un logotipo debe ser simple

A simplicidade axuda a que sexa facilmente recoñecible e memorable. Os deseños sobrecargados ou comprexos son máis difíciles de asimilar. Algúns consellos para manter o teu logotipo simple:

  • Utiliza como máximo tres cores.
  • Desfaite do que non resulte estrictamente necesario.
  • Elixe unha tipografía fácil de ler.
  • No uses efectos como degradados ou sombras paralelas. S

Un logotipo debe ser memorable

Este é un dos fins principais do logotipo, que a xente o recoñeza e o lembre. Para que sexa fácil de recordar:

  • Debería representar dalgunha maneira o propósito da empresa.
  • Pensa no público ó que vai dirixido e deseña en base a eso.
  • Evita incluir demasiados elementos, piensa que un logotipo debe ser simple.

O logo debe ser atemporal

A idea é que este sexa un bo logotipo hoxe e dentro de vinte años, se inclues elementos que están de moda ahoga con total seguridade será un logo obsoleto dentro duns anos.

Exemplos de logos acertados

Por último,  voute a mostrar unhas imaxes con logos realmente bos e con significado. Así poderás obter ideas e aproveitalas para o etu proxecto que de momento será un bosquexo.

El Tour de Francia

El logotipo do Tour de Francia inclue a figura dun ciclista na palabra “Tour”. A “O” é a roda traseria, a “U” parte da bicicleta ou sillín, a “R” é o corpo do ciclista e o círculo amarelo representa a color do maillot do líder.

Fórmula 1

O logo da Fórmula 1 está formado por unha F e unhas bandas vermellas que representan a velocidade e dinamismo de este deporte.

National Geographic

National Geographic ten un logotipo sinxelo, pero moi potente e recoñecible. O rectángulo representa unha porta ó mundo, ó coñecemiento, á ciencia, á natureza e á cultura.

Amazon

Todo o mundo supón que a frecha de Amazon representa un sorriso, e así é, pero moita xente non se percatou en que a frecha apunta dende o “A” ata o “Z”. A mensaxe de Amazon é clara, “témolo todo, do A ó Z”.

Como facer un logo

Agora chegou o momento de poñernos coas mans na masa. Deseñar un logo require un proceso, así que terás que encontrar a túa propia forma de traballar, pero a grandes rasgos las etapas principais son:

  • Búsqueda, análise e choiva de ideas
  • Fase de bosquexos

Non fai falta debuxar ben, simplemente trátase de poñer nun papel os deseños que se nos van ocurrindo, seguramente encherás unha folla de garabatos pero pouco a pouco iraste achegando o deeño que buscas.

TEXTO TRADUCIDO E ADAPTADO DA SEGUINTE FONTE: https://www.arturogarcia.com/consejos-para-disenar-un-logotipo/

Coñezo todo sobre logotipos

Contes as seguintes preguntas antes de empezar co teu logotipo.

Pregunta 1

O logotipo ten que ser comprexo, con moito detalle, moitas cores e formas.

Pregunta 2

O logotipo deséñase para que dure o máximo tempo posible. A idea é que sexa atemporal, con elementos que non pasen de moda.

Pregunta 3

Este tipo de logotipos son correctos segundo o que expresa o texto.

Pregunta 4

Para deseñar un logotipo fai falta debuxar moi ben.

Pregunta 5

Coma todavía non coñezo o nome do programa de raio, eu crearei un  isotipo.

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0