Formación de centro
O centro educativo é o escenario idóneo para a formación do profesorado, xa que posibilita que se adapte ás necesidades propias do seu contexto. A finalidade é a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais docentes definidas no novo modelo de competencias, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado, en consonancia coas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia. A formación debe ter unha repercusión directa na aula ou no centro. A formación de centro desenvólvese nos PFPP e nos GT/SEM externos.
A formación en centros baséase no traballo colaborativo entre iguais a partir da reflexión conxunta, o debate interno, o
intercambio de experiencias e supón o recoñecemento da experiencia docente como un valor fundamental nos procesos de
formación e mellora. Pode consultar toda a información accedendo nesta ligazón á convocatoria.