Calidade
Satisfacción de partes interesadas
Para coñecer a apreciación das persoas usuarias en relación ao cumprimento dos seus requisitos por parte da organización, determínanse dúas fontes de información:
- Enquisas
- Suxestións, queixas e reclamacións (SQR)
Mediante as enquisas recóllese o grao de satisfacción dos/as usuarios/as e do persoal do Sistema de Formación Permanente do Profesorado, e mediante as SQR o grao de insatisfacción de toda a cidadanía, incluíndo os dous colectivos anteriores. Estas sondaxes son as programadas e non exclúen a realización de enquisas a outro tipo de colectivos, que en determinadas ocasións poden considerarse de interese.
En todos os casos o desenvolvemento do proceso lévase a cabo da forma que se define a continuación:
Enquisas de satisfacción
Os criterios definidos polo Sistema de Formación Permanente do Profesorado para o tratamento das suxestións, queixas e reclamacións (SQR) son:
- No caso da comunidade educativa, as enquisas realizaranse ao profesorado participante nas actividades de Formación (proceso implantado na aplicación Fprofe).
- Poderán programarse enquisas de satisfacción para distintos niveis educativos ou colectivos, por exemplo equipos directivos e coordinadores/as de formación, segundo os criterios que se acorden no Comité de Calidade e/ou a proposta da Xefatura de Servizo de Programas de Formación.
Os criterios definidos polo Sistema de Formación Permanente do Profesorado para o tratamento das suxestións, queixas e reclamacións (SQR) son:
- Suxestión: Idea que se lle aporta ao Sistema con ánimo construtivo para a súa mellora.
- Queixa: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que o Sistema de Formación Permanente do Profesorado non ten contraídos compromisos debidos ao sistema de calidade ou legais.
- Reclamación: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que o Sistema de Formación Permanente do Profesorado ten contraídos compromisos polo sistema de calidade ou legais e non cumpridos, coa exclusión das reclamacións e recursos regulados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, 2/10/2015).
As persoas usuarias deberán presentar as súas SQR por escrito, en formato libre, e asinadas. Poden achegarse por correo electrónico dende o enderezo corporativo a cfr.vigo@edu.xunta.gal