Como licencio con Creative Commons a miña obra?

Se a obra que queremos licencias é orixinal o autor só ten que tomar a decisión sobre a licenza a utilizar. No caso de que a miña obra sexa derivada será necesario un pequenos estudo das obras orixinais antes de seleccionar a licenza coa que vai a ser divulgada a obra en cuestión.

Para decidir os termos en base aos que queremos divulgar as nosas obras só temos que especificar que nos acollemos a un tipo de licenza determinado. Este proceso podemos realizalo a través dos propios logos, ou simplemente utilizando texto.

Unha vez que temos a dinámica interiorizada sobre o uso de licenzas "Creative Commons" chega con que fagamos referencia ás mesmas indicando o condicionante específico (by, by-nc, by-nc-sa, by-nc-nd, by-sa ou by-nd).

Para facilitar a toma de decisións inicial Creative Commons España pon á nosa disposición un formulario web que nos realiza unha serie de preguntas e nos guía no proceso de selección da licenza.

Acceso ao formulario para escoller unha licenza Creative Commons: Escolle unha licenza e seguir as instrucións que alí se indican.
Última modificación: xoves, 21 de xullo de 2016, 1:11 PM