QUE IMOS FACER?
DE INTERESE Aquí poderás atopar o contido e actividades do curso.
1.CONTIDOS
O curso de formación está baseado en tres bloques de formación para impartir as duas unidades formativas do módulo.
Os bloques 1 e 2, que conforman a unidade formativa Sistemas de Transmisión, posuen os seguintes contidos:
- Tipos de embragues empregados en automoción.
· Embrague de fricción.
· Embrague hidraúlico e covertidor de par.
- Tipos de caixas de cambios empregadas en automción.
· Caixa de eixes paralelos.
· Caixa automatizada.
- Sistemas de tracción 4x4.
· Sistemas de tracción 4x4 insertable.
· Sistemas de tracción 4x4 conectable.
· Sistemas de tracción 4x4 permanente.
- Ponte traseiro, grupos redutores e diferenciais.
- Mecanismos de transmisión do movemento.
· Palier.
· Árbore de transmisión.
· Rodamento da roda.
O bloque 3, que corresponde a unidade formativa Sistemas de freado, posue os seguintes contidos.
- Sistemas de freos.
- Sistema de freo hidraúlico
a. Freo de servicio
b. Freo de estacionamento
· - Sistema de freo pneumático
- Sistema electrónico de freada (ABS)
- Sistema electrónico de estabilidade (ESP)
2.OBXECTIVOS
Os obxetivos do curso de formación son:
- Coñecer os distinitos tipos de embrague empregados na automoción
- Realizar as verificacións e reglaxes precisas en cada un dos elementos que compoñen un embrague de fricción.
- Realizar as verificacións e reglaxes necesarias en cada un dos elementos que compoñen un convertidor de par.
- Coñecer o funcionamento dunha caixa de cambios de eixes paralelos.
- Realizar as verificacións e reglaxes precisas en cada un dos elementos que compoñen unha caixa de cambios de eixes paralelos.
- Coñecer o funcionamento dunha caixa automatizada.
- Realizar as verificacións e reglaxes precisas en cada un dos elementos que compoñen unha caixa automatizada.
- Comprender o sistema 4x4.
- Identificar os elementos dun ponte traseiro e realizar o seu mantemento.
- Coñecer e realizar o mantemento dun grupo reductor e diferencial.
- Realizar un estudio dos sistemas de freado na automoción.
- Realizar os procesos de mantemento nun sistema de freado hidráulico.
- Realizar os procesos de mantemento nun sistema de freado pneumático.
- Entender o funcionamento dos sistema ABS.
- Entender o funcionamento do sistema ESP.
- Realizar as comprobacións precisas no sistema ABS.
- Realizar as comprobacións precisas no sistema ESP.
ACTIVIDADES
BLOQUE 1: Embragues e caixas de cambios
- Desmontaxe, verificación e montaxe dun embrague de fricción.
- Desmontaxe, verificación e montaxe dun convertidor de par.
- Desmontaxe, verificación e montaxe dunha caixa de cambios de eixes paralelos (Caixa manual)
- Desmontaxe, verificación e montaxe dunha caixa de cambios automatizada (Caixa DSG)
BLOQUE 2: Sistemas de transmisión 4x4, diferenciais e pontes traseiros
- Sustituir unha caixa de transferencia dun todoterreno tipo Suzuki Vitara.
- Realizar a sustitución dun conxunto diferencial tipo Torsen ou Haldex.
- Desmontar o ponte traseiro dun vehículo e sustituir os elementos que se encontren dañados:
a. Desmontar o ponte traseiro do vehículo.
b. Desmontar o grupo: piñón, coroa e diferencial.
c. Cambiar rodamentos e reténs.
-Sustituir o fuelle dun palier.
BLOQUE 3: Sistemas de freado. ABS e ESP
- Nun automóbil dispoñible no taller, realizar un estudio do sistema de freos que equipe:
a. Freo de servicio que monte no eixe dianteiro (tipo de discos e medidas).
b. Freo de servicio no eixo traseiro (discos ou zapatas).
c. Tipo de circuito segundo a norma DIN 74000 (dual…).
d. Freo auxiliar e de estacionamento, en qué eixe actúa e deseño.
e. Elementos que compoñen o freo de servicio e características de cada un.
f. ¿Dispón de ABS?
- Realizar a purga do líquido de freos nun circuito con ABS. Utilizar equipo de diagnose e axuda guiada.
- Comprobar as presión de freada.
- Desmontar e montar pastillas e pinzas de freos.
METODOLOXÍA
Empregarase unha metodoloxía eminentemente práctica seguindo os principios de "aprender facendo". Para adquirir estas aprendizaxes partirase do coñecemento e manipulación do material preciso, así como do material de libre acceso na Aula Virtual.