Que é Creative Commors
Creative Commons (CC)
(En Galego equivalería a: "[Bens] Comúns Creativos")
E unha organización sen ánimo de lucro, cuxa oficina central está situada na cidade de Mountain View, no estado de California, nos Estados Unidos de América.
Dita organización permite usar e compartir tanto a creatividade como o coñecemento a través dunha serie de instrumentos xurídicos de carácter gratuíto.
Os devanditos instrumentos xurídicos consisten nun conxunto de "modelos de contratos de licenzas" ou "licenzas de dereitos de autor" (licenzas Creative Commons ou licenzas CC) que ofrecen ao autor dunha obra unha forma simple e estandarizada de outorgar permiso ao público en xeral de compartir e usar o seu traballo creativo baixo os termos e condicións da súa elección.
Neste sentido, as licenzas Creative Commons permiten ao autor cambiar facilmente os termos e condicións de dereitos de autor da súa obra de "todos os dereitos reservados" a "algúns dereitos reservados".
As licenzas Creative Commons non substitúen aos dereitos de autor, senón que se apoian nestes para permitir modificar os termos e condicións da licenza da súa obra da forma que mellor satisfaga as súas necesidades.
A organización foi fundada en 2001 por Lawrence Lessig, exprofesor de dereito da Universidade de Stanford e especialista en ciberdereito, Hal Abelson, e Eric Eldred co soporte do Center for the Public Domain.

- O primeiro artigo baixo a licenza Creative Commons nunha publicación de interese xeral foi escrito por Hal Plotkin, e foi divulgada en febreiro de 2002.
- O primeiro conxunto de licenzas foi lanzado en decembro de 2002. En 2008, había estimados uns 130 millóns de traballos baixo licenzas Creative Commons.
- En outubro de 2011, só Flickr alberga máis de 200 millóns de fotos con licenzas Creative Commons.
- Creative Commons está dirixida por unha xunta directiva e outra de asesoramento técnico.
- Estas licenzas foron adoptadas por moitos como unha forma que teñen os autores de tomar o control de como queren compartir a súa propiedade intelectual.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 6:45 PM