FASE PRÁCTICA. FORO PARA COMPARTIR EXPERIENCIAS
CAL É A PROPOSTA PARA A FASE PRÁCTICA DESTA ACTIVIDADE FORMATIVA? QUE HAI QUE FACER?
Pois non é outra que poñer en práctica, experimentar con algunhas das propostas que compartiron connosco as persoas que nos acompañaron nas sesións de docencia. A cuestión será así de sinxela: levar ás aulas algunha destas iniciativas, probar, e compartir algunhas reflexións sobre a súa eficacia, a súa pertinencia, o seu valor; tamén sobre as dificultades que xorden, os atrancos, as inseguridades... quizais sexan estes últimos os aspectos máis interesantes, dos que máis poidamos aprender xuntos/as.
Importante. Temos uns poucos días ata a próxima xuntanza. E coido que serán suficientes porque non queremos falar de experiencias finalizadas. Será de moito máis interese que falemos de momentos intermedios, de procesos en marcha. Na próxima sesión poremos un punto (e seguido) a este curso de formación cunha avaliación. Será unha conversa sobre as vosas experiencias de aula tratando de facer escritores no voso alumnado.
Entón, e resumindo, que hai que facer? Pois:
1) Poñer en práctica algunha proposta didáctica que leve aos teus alumnos e alumnas a escribir.
2) Observar o que sucede e recoller algunha mostra interesante (borrador, esquema, textos corrixidos ou non, fotos ou vídeos da aula en pleno proceso creativo, productos finais (se deu tempo)...)(*)
3) Compartir cos compañeiros participantes na actividade as reflexións, as dúbidas, para tratar de chegar, entre todos/as, a algunhas conclusións finais.
A partires de hoxe, este foro pode servir para ir falando destas propostas. Pode servir tamén para ir adiantando algunha observación e tamén para ir compartindo algún documento (imaxes, textos...) que se poden adxuntar aos comentarios. Podemos ir adiantando os temas que nos ocuparán na sesión do próximo día.
Empezo eu mesmo e propóñovos a continuación unha primeira excusa para ir comenzando a saber o que pensades. Agardo as vosas impresións sobre o seguinte texto...

(*) É moi importante o feito de traer algunha mostra, algún documento (analóxico ou audiovisual) que ilustre as observacións ou reflexións que queiras compartir.
A partires de hoxe, este foro pode servir para ir falando destas propostas. Pode servir tamén para ir adiantando algunha observación e tamén para ir compartindo algún documento (imaxes, textos...) que se poden adxuntar aos comentarios. Podemos ir adiantando os temas que nos ocuparán na sesión do próximo día.
Empezo eu mesmo e propóñovos a continuación unha primeira excusa para ir comenzando a saber o que pensades. Agardo as vosas impresións sobre o seguinte texto...
Estado | Debate | Comezado por | Último comentario | Respostas | Accións |
---|---|---|---|---|---|
Bloqueada
|
|
|
11 |
|