Ola a tod@s, os profesores do meu curso están preocupados por ver como se pode evitar que o alumnado copie entre eles cando teñen que facer un cuestionario. Cando son cuestionarios masivos para todo un grupo xa detectouse nalgún caso que se conectan todos con zoom e intentan facelo en conxunto. Podemos facerlles cóxegas coa orde de preguntas e respostas aleatorio pero pouco máis se nos ocurre. Ao mellor obrigarlles a facer o cuestionario estando en webex pero parece algo excesivo. Alguén probou algo que lle funcionara?. Moitas grazas.
Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Número de respostas: 7Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Algunhas preguntas como calculada, calculada simple ou calculada opción múltiple podes introducir un rango de datos de tal xeito que para cada alumno os datos son diferentes, pero pouco máis se me ocurre. Saúdos.
Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Ok,é outra opción para utilizar.
Moitas grazas.
Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Temos que ter claro que tentarán copiar sempre e non é que agora queiran copiar máis que antes, só o fan de xeito distinto porque a situación é distinta.
Para evitar que fagan as respostas entre todos, unha opción é, por unha banda facer que cada pregunta vaia nunha páxina diferente, así será máis difícil que fagan trampas e outra opción (máis traballo para nós) é facer máis preguntas e que sexan aleatorias para que cada alumno teñan preguntas distintas e non só desordenadas.
A nosa forma de "defendernos" mediante a creación de preguntas podería ser que construamos unha rede cooperativa de preguntas por áreas e así se cada un fai 10 preguntas "únicas" ao final xuntámonos con 200 preguntas diferentes e para o cuestionario só lles aparecen 20 (por exemplo). Non sei cómo se pode organizar iso pero sería moi interesante
Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Se tes moitas preguntas no banco de preguntas (por exemplo 40), podes engadir preguntas de forma aleatoria da categoría (por exemplo 10) e así non se repetirán as mesmas preguntas para todos os alumnos. Creo que así funcionaría, pero leva tempo.
Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Por iso digo o do traballo cooperativo, en pouco tempo xeneramos unhas bases de datos de preguntas bastante amplias. De cada unidade fas 10 preguntas e cun grupo de traballo de pouca xente, chega abondo
Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
Moitas grazas polas aportacións.
Un saúdo.
Re: Como evitar que o alumnado copie facendo os cuestionarios?
En primaria non temos moito ese problema, pero sei dalgunha profe que as medidas que tomou para evitar esta situación foron dúas:
- Poñer tempo de execución ao cuestionario
- Orde aleatoria das preguntas