Foro de dúbidas

É legal utilizar webex para avaliar ao alumnado?

É legal utilizar webex para avaliar ao alumnado?

por Fernando Ernesto Vázquez García -
Número de respostas: 2

Ola: 

Os meus compañeiros do curso queren saber se legalmente pode utilizarse webex para avaliar ao alumnado, Tes por exemplo unha reunión cun alumno e faslle unhas preguntas sobre un tema ou sobre un traballo realizado. 

Eu penso que si, pero non estou del todo seguro e mellor preguntar. 

Moitas grazas.

En resposta a Fernando Ernesto Vázquez García

Re: É legal utilizar webex para avaliar ao alumnado?

por Laura F. Nocelo -
Boas, 
 
Eu entendo q si sobre todo se o contemplas na adaptación da programación que houbo que facer.
Eu ademais o gravaría, previa comunicación (non fai falla a súa aceptación) para gardalo como unha evidencia de avaliación para posibles reclamacións. Como a gravación é unha ferramenta de avaliación está contemplado legalmente o seu uso. Para almacenar a gravación, debería ser nunha das ferramentas corporativas da Xunta, posto que a gravación contén datos moi sensibles de cara a protección de datos e con outras aplicacións non podes asegurar que se cumpra a normativa europea de protección de datos.
 
Un saúdo.