Foro de dúbidas

Aviso ao alumnado de tarefas etc

Aviso ao alumnado de tarefas etc

por Manuel Balea Legaspi -
Número de respostas: 5

Ola.

Acábanme de preguntar cómo podemos facer para que aos alumnos lles chegue un aviso cando colgamos material, preparamos unha tarefa etc.

Non estou seguro pero creo que sinxelamente non é posible porque precísase o correo corporativo.

Sabes algo ao respecto?

Gracias.

En resposta a Manuel Balea Legaspi

Re: Aviso ao alumnado de tarefas etc

por Ricardo Paredes -

Eu lles mando unha mensaxe  pola aula virtual para avisarlles que teñen tarefa nova

En resposta a Ricardo Paredes

Re: Aviso ao alumnado de tarefas etc

por Julia Isabel Sainz Vaquero -

A mensaxe a ven na aula virtual e non está mal pero creo que o do foro de novas e a actualiazación do correo está mellor para avisos de carácter xeral, a mensaxe , digo eu, que é unha canle de utilidade máis privada

En resposta a Manuel Balea Legaspi

Re: Aviso ao alumnado de tarefas etc

por Julia Isabel Sainz Vaquero -

Se o alumnado ten configurado o correo electrónico na aula virtual, cousiña moi interesante que se faga neste momento, basta ir o foro de novas e publicar alí o tema, por exemplo nova tarefa publicada ...bla bla bla. Para que actualicen o correo deberíades facer un "chamamento" o alumnado, como fixemos nos en tódolos cursos. Esta é a mensaxe que se lles enviou, podes copiala e pasala ó profesorado do teu cole ou IES

Para unha mellor e máis rápida comunicación debedes ACTUALIZAR NO VOSO PERFIL o correo electrónico persoal. Este cambio vós valería para tódolos cursos da Aula Virtual onde estades matriculados. Para realizar este cambio os pasos serían os seguintes:

- entrar no curso
- ir ao bloque da esquerda e no apartado "configuración do meu perfil" picar nel
- aparece "editar o perfil"
- ábrese o teu perfil e no "Enderezo do teu correo" borras o que hai (é un ficticio) e escribes o teu.
- despois , e moi importante, darlle a "Actualizar perfil" na parte inferior.
En resposta a Julia Isabel Sainz Vaquero

Re: Aviso ao alumnado de tarefas etc

por Ricardo Paredes -

Grazas pola suxerencia, os meus alumnos xa teñen o correo real, eu creo que fan mas caso se lle mandas unha mensaxe, porque ainda que e o mesmo para todos, parece mais personal.