Ola a tod@s! Son Maite, do CEIP Plurilingüe de Cambados .Quero comentarvos un pouco sobre o traballo da PDI que estamos a levar a cabo no noso centro este curso, que trata do XOGO.
Este proxecto xurde ante a necesidade de crear novas alternativas de xogo na hora do recreo, xa que aínda que tiñamos reducidos a tres os días de fútbol ( que sempre era fonte de problemas) , seguía habendo conflictos e situacións que nos preocupaban como nenos aillados, perdidos, sen saber qué facer nin a qué xogar...
Por outra banda queríamos introducir a zona de xogos e de lego na biblioteca coa intención de dinamizar este espazo ofertando outras actividades ademáis da lectura, (actualmente xa están funcionando dous talleres en toda primaria de xogos de lóxica e robótica, e outro de lego)
Deste xeito acordamos facer unha PDI sobre o xogo, propoñendo diferentes liñas de investigación:
- xogos tradicionais
-xogos de outros países
- orixe dos xogos (xadrez, parchís, etc)
- recopilación de cancións e rimas de xogos de botar a sortes ( en colaboración co EDLG)
Ademáis tentaríamos conectar este tema coas celebracións que se levan a cabo durante o curso, por exemplo:
- Samaín: organizamos estacións de xogos
-Día da discapacidade: xogos sensoriais e xogo de" Ponte no seu lugar"
-Día da Paz. creamos zonas de xogos non competitivos orixinarios de diferentes países
-Entroido: cada clase elabora un disfraz de un xogo e despois explica en qué consiste ao resto do alumnado (exposición oral)
Tamén teño que destacar que dun xeito paralelo a este proxecto, estamos traballando nun PFPP sobre patios inclusivos no que tratamos de buscar novos materiais e crear zonas de xogo no patio.Xa se elaborou un plano e temos organizada unha xornada coas familias para que nos axuden a pintar diferentes xogos (mariola, tres en raia, twister...)
Actualmente queda moito por facer, o noso patio está en continuo cambio, estamos experimentando con materiais como rodas, troncos, ramas... e ahí estamos na procura de conseguir un patio máis dinámico, máis inclusivo, onde o principal obxectivo sexa disfrutar. Espero que esta experiencia vos resulte útil si algún día plantexades facer cambios de mellora do patio.