A min paréceme moi axeita o que propós. De feito, eu estou empezando a propor a aquelas bibliotecas que consultan a forma de mellorar, que pasen unha enquisa aos rapaces (e aos profes, a ás familias) para ver que agardan da biblioteca. Especialmente nos centros de ensino secundario, e moi especialmente nos centros de FP ou conservatorios ou escolas de idiomas. Pero lembremos que as persoas non podemos crearnos expectativas se descoñecemos as posibilidades, neste caso da biblioteca. De aí que podamos crear unha enquisa con preguntas que ofrecen distintas posibilidades, ademais de recoller outras suxestións... pero que debemos, sobre todo, acudir ás fontes informadas, a documentarnos (como mínimo ás que vos recomendo sempre, directrices IFLA e marco de referencia de biblitoecas escolares; pero hai outras fontes bibliográficas como o artigo de Cassany, e outros artigos e libros de Glòria Durban por exemplo; ou a páxina de bibliotecas escolares portuguesas... todas as referencias que podedes atopar na páxina de biblitoecas escolares, nos enlaces externos. Nestos casos, é moi importante seleccionar a bibliografía ou os recursos nos que nos documentamos... hai bibliografía atrasada coa que temos que ser prudentes. Desde a Asesoría estamos á a vosa disposición sempre.
E hai outra cousa... os grupos de colaboradores da biblioteca escolar pode ser unha especie de grupo de contraste para analizar posibles servizos a implantar na biblioteca, ver se poden ter interese, por exemplo... a cuestión é documentarnos, asesorarnos, falar entre nós, entre o profesorado, e falar cos rapaces... para ver as súas necesidades. E unha última cousa, o sentidiño. Se pensamos en termos educativos actuais e a medio prazo, e actuamos con sentidiño, temos moitas probabilidades de camiñar por sendas útiles.
Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos
por Cristina Novoa -
Número de respostas: 0