TEXTO 1

A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
Número de respostas: 34
A verdade é que o profesor Cassany resulta sempre unha lectura proveitosa. Ten unha capacidade inusual para recoller e sistematizar os aspectos importantes e, ademáis, consegue acuñar algunhas aseveracións que adoitan ser premonitorias. Eu destaco un par, deste texto ben interesante, que me deixan pensando:

1) (...) la biblioteca escolar es y será cada vez menos un lugar o un espacio, para pasar a ser una actividad.

2) (...) estará cada vez menos centrada en el documento (libro, CD, enciclopedia, etc.) para pasar a ocuparse de los sujetos, los usuarios...

Creo que estas palabras de Daniel Cassany dotan dun especial sentido aos Proxectos documentais que tratamos neste curso de formación.

Que opinades?
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Gloria Martínez -
Creo que estas palabras amosan o que todos estamos a procurar: que a biblioteca sexa un espazo vivo, activo, que promova unha aprendizaxe máis placentera e produtiva.
En resposta a Gloria Martínez

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Gloria Martínez -
Ademais, creo que a biblioteca preséntasenos como algo próximo, cercano, que pretende satisfacer as necesidades personais dos suxeitos, alumnos, profesores, e todo aquel que se achegue a ela.
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Dolores Vilar -

Estou plenamente dacordo, temos que loitar por conseguir ese obxectivo.

A miña idea é que a biblioteca sexa un punto de encontro especial.

En resposta a Dolores Vilar

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
A biblioteca: punto de encontro especial. Interesante!
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Amalia Graña -
A clave da biblioteca do futuro non só está na mutación cara ao mundo dixital, senón tamén, e de forma esencial, na transformación do bibliotecario nun profesional con certas habilidades e coñecementos específicos. Non será suficiente dotar adecuadamente o espazo, será imprescindible a figura do bibliotecario escolar, formado e capacitado para levar a cabo o cambio ; atento ás necesidades do lugar e as persoas e elemento integrador da formación e a información.
En resposta a Amalia Graña

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Geli Piñeiro -
Pois eu máis que unha opinión vou expresar un sentimento: se antes me sentía desmotivada, despois de ler os artigos de Cassany síntome desolada; el fala de construír un rañaceos e eu aínda estou por empezar unha casa.... En fin, que lle vexo moitos atrancos á realidade máis próxima para chegar á biblioteca do século XXI: horarios,formación específica para levar a nova biblioteca, como manexar e que facer co actual material, como atraer a profes e alumnos, en fin, como levar a cabo ese tremendo e atractivo proxecto que é a biblioteca do futuro. Tedes algunha idea????
Geli
En resposta a Geli Piñeiro

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Orlando Molares -
Despois de ler o artigo de Cassany a min tamén entroume un sentimento de desolación. Penso que nos equipos de biblioteca hai moito entusiasmo, pero non sei ata que punto son a mellor opción para alcanzar os obxectivos da biblioteca do futuro que imaxina Cassany.
Na sesión que tivemos hoxe falouse de que tiñamos dúas opcións: ou lamentarnos ou poñernos a traballar.
Supoño que o que estamos a facer maioritaramente é poñernos a traballar e a facer o que poidamos, o cal non e pouco. Sen embargo non creo que con só isto poidamos alcanzar algún día as cualidades que, segundo Cassany, debería ter a figura do bibliotecario escolar. De momento esa figura non existe nos centros e polo que se ve nin se lle espera. De momento imos cubrindo esa necesidade co voluntarismo que poñemos en facer que a biblioteca un centro de actividades, algo que non sempre conseguimos.
Un saúdo.
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Ramona Neira -
A aseveración 1ª é moi suxestiva, pero moi abstracta. A realización de calquera tipo de actividade require un espazo: físico, psicolóxico, social, virtual...
A afirmación 2ª suxire un perfil do bibliotecario/a con coñecementos sociolóxicos, psicolóxicos... ademais dos apuntados por Cassany: pedagóxicos, éticos, informáticos, de documentación, de avaliación... Perfil moi ambicioso, todo un reto.
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Mercedes González Leal -
Creo que esas dúas aseveracións definen a biblioteca "ideal" que a todos nos gustaría lograr. Unha biblioteca que debería estar en todas partes e en todas as materias do currículo; que vai co docente e co alumno; que se centra nos seus usuarios, no que lles interesa dentro e fóra da aula. Un entorno flexible capaz de desenvolver a competencia en información que hoxe necesitan os nosos nenos.
Pero o meu sentimento tamén está das compañeiras en canto a: formación específica, implicación de todo o profesorado, dispoñibilidade horaria e medios económicos.
Mercedes
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Pedro Iturburua -

Demasiadas buenas intenciones. Supongo que muchos apoyamos y partimos de la base de que lo que Cassany plantea es el ideal hacia el que debe tender la biblioteca escolar del futuro. Pero, ¿ de qué futuro? ¿ del utópico? ¿ del real? Sinceramente, parece que corremos en carriles paralelos pero en direcciones contrarias. Se nos habla de la labor del bibliotecario ( fundamental), de su especialización ( perfecto ). ¿ Vamos hacia esa meta, con reducciones horarias mínimas, escasa posibilidad de formación para crear especialistas, nulo reconocimiento, etc.? Las bibliotecas, dice, deben ser lugares con distintos espacios donde trabajar, en pequeños grupos, o grandes, con zonas de estudio, "cabinas cerradas", etc. ( convencidos de ello). Pero, ¿las actuales políticas, aunque lo disfracen de crisis, no nos llevan en sentido contrario? Efectivamente, hemos modernizado las bibliotecas, pero las vacas gordas se han acabado. Ahora, igual hasta reducimos o eliminamos servicios por falta de posibilidad de atención, o por no poder reparar materiales digitales.

Demasiadas buenas intenciones. Sin un cambio "efectivo" en la política educativa de este país, imagino que seguirán siendo "buenas intenciones" Y sinceramente, una lástima pues lo que , en definitiva, Cassany plantea es el gran reto de la educación del futuro " ya presente".

En resposta a Pedro Iturburua

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
Querido Pedro, eu - aínda compartindo o esencial das túas apreciacións, que coinciden no sentimento con Geli, Mercedes, Ramona... - quero chamar a vosa atención sobre outra lectura que tamén pode ter este texto de Cassany:

Creo que o profesor Cassany non está inventando un modelo de biblioteca. Este texto, que é unha reflexión sobre o que as bibliotecas escolares deberían ser, está inspirado no coñecemento do que algunhas bibliotecas escolares xa son, ou queren ser...

Por exemplo Pedro, non recoñeces algunhas das propostas de Daniel Cassany na biblioteca do IES G. Torrente Ballester? Eu si!

Hai persoas, hai centros, hai equipos de profes, que - malia as dificultades, malia as políticas que, ás veces non axudan - están/estades a debuxar o camiño a seguir. Así foi e así será sempre.

Outra lectura posible... non cres?


En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Pedro Iturburua -
Claro que es posible. Si no, te por seguro que no estaría aquí, incluso con el desgaste que supone esta labor ( como todas, sin menospreciar). Y mi comentario final va en ese sentido. Puede haber cansancio pero entiendo que esto es "el futuro presente". Sin embargo, insisto en que si no hay un cambio de actitud por la administración, va a quedar en un sueño bonito. Seguimos con el concepto de voluntariado. Y leyendo lo que recoge Cassany, y lo que se pide no va por esos lares, me entra el escepticismo. Es un problema de concepto en educación. Y lo estamos sufriendo.
En resposta a Pedro Iturburua

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Carmen Curra -
É verdade que necesitamos un cambio,a escola non debe por detrás da sociedade. Vivimos na sociedade da información é que mellor que convertir a biblioteca no centro da vida académica. O artigo de Cassany describe,na miña opinión claramente cara a donde deberían evolucionar as nosas escolas. Pero é isto posible?.
Realmente é posible combinar o curriculum actual co traballo real por proxectos, por grupos de traballo ou promover as aprendizaxes cooperativas.
Por outra banda o traballo dos equipos responsables das bibliotecas implican horas e horas de traballo fóra de horario, e que non se recoñecen de ningún xeito.
A administración vai algunha vez a apostar de forma real por unha escola diferente e acorde cos tempos que nos toca vivir?.
A miña impresión é que nos se nos van sumando cousas pero sin tocar realmente o núcleo duro do sistema.
Moitos de nós apostamos polos novos camiños que o profesor Cassany describe tan ben porque estamos convencidos de que ese é xa o noso presente. Pouco a pouco vamos conseguindo cousiñas, animando a outros compañeiros... pero eu penso os nosos esforzos teñen un efecto moi limitado.
Vivimos tempos de moitos cambios e de verdade que non sei cara a donde quere camiñar o noso sistema, si cara ao futuro ou cara ao pasado. Pódese combinar unha aprendizaxe por proxectos cunha reválida?
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Joaquín Díaz -
Na miña opinión, é un artículo moi denso en canto a conceptos novedosos que requiren moita reflexión e tamén é unha mostra de tendencia máis informacional que de pracer pola lectura e o que ista ( chamarémoslle ficción)pode porporcionarlle ao lector.Estou dacordo con Cassany na infoxicación que padecemos , e non vexo moito espazo para o tempo, para o pracer de disfrutar e de xerar interés pola lectura a través dunha lectura básicamente de carácter informacional.Nun caso, a lectura é medio e fin, no outro só un medio
En resposta a Joaquín Díaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
Gustoume esa diferencia entre a lectura "medio e fin" e a outra lectura "só un medio". Para pensar...
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Sandra Álvarez -
Eu despois de ler o artigo do profesor Cassany e as vosas verbas. Veuseme a mente unha conversa cos meus alumnos do segundo ciclo de primaria, no cal eu preguntaba que era unha biblioteca para eles, e unha das respostas máis salientables foi a dunha rapaza que me contestou "Unha biblioteca é un lugar aburrido,e escuro" Despois disto, creo que temos que intentar facerlle ver que non está no correcto, e que temos que tentar conseguilo por medio de proxectos documentais e, de lograr tal e como se pretende no texto,que a biblioteca sexa VIVA, activa, que deixe de ocuparse das colecións para pasar a ocuparse dos suxeitos, das necesidades reais dos mesmos e conseguir así o papel das bibliotecas nas nosas escolas.
En resposta a Sandra Álvarez

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Bea Otero -
pois eu escoito a diario que a biblioteca está preciosa, que está xenial ser axudante porque te axuda a descubrir libros novos que estaban un pouco "escondidos", que agora é moi doado atopar o que buscas....
e tamén escoito falar da biblio como algo propio, de cada persoa que colabora
(e os comentarios son maioritariamente do alumnado)
levo nas costas unha tarefa titánica, como a de tod@s neste foro e lendo a cassany si que penso "mimadriña, canto nos queda", pero eso non nos quita saborear cada paso que imos dando
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Ester Ojea -
bueno, moita información vexo por aqui.
A verdade é que logo de ler o artigo de Cassany, quedeime con moi bo sabor de boca, porque realmente me fixo reflexionar sobre a grande labor que levan a cabo os equipos de biblioteca. É un traballo árduo e pouco agradecido; conleva un grande esforzo fora e dentro do horario escolar, e non sempre atopas palabras de alento ou agradecemento hacia ese traballo. Tamén é certo, que case sempre, as persoas que emprendemos ou nos unimos a este tipo de proxectos, estamos convencidas do importante que é a biblioteca dentro da vida escolar; pero penso que o principal escoio co que nos topamos, é que todos buscamos ser unha réplica de outras bibliotecas que xa funcionan, e penso que non nos atrevemos a promover outro tipo de biblioteca que, como dí Cassany, sexa máis unha actividade en sí que un lugar para "almacenar" libros.
A concepción de biblioteca como lugar de silencio, de lectura... é un termo moi extendido, xa que a nosa xeración creceu con esa idea de biblioteca; pero os tempos cambian e as mentalidades tamén, e por iso, a biblioteca escolar, ao meu entender, debería ser o espazo máis amplo de todo o colexio, e non precisamente para gardar máis libros, senón para propiciar o desenvolvemento de actividades que, doutro xeito, non se poden levar a cabo na aula.
Eu son mestra de infantil, e aínda que este ano estou con nenos/as de 5 anos, levo con eles dende os 3 anos, e sempre fomos á biblioteca, aínda que o uso que se nos propoñía dentro do centro era o de préstamo semanal. Os nenos sempre acudiron á biblioteca moi contentos e animados, para eles ir á biblioteca supuña unha aventura. Con isto, quero dicir que as veces o espazo físico, non é o que promove o achegamento, senon a motivación previa, a expectativa que o profesorado lle transmite ao alumnado. Só depende da nosa motivación cambiar a visión que os nenos/as teñen deste espazo, e só trasmitíndolle que a biblioteca é un espazo versátil, no que se poden levar a cabo diferentes actividades, conseguiremos que eles e elas vexan a biblioteca con outros ollos. Pero non basta só coa motivación, tamén teñen que ver que nós como mestres tamén a empregamos para outros fins.
Ao que ía; hoxe en día o meu alumnado ve a biblioteca como un espazo moi necesario para levar a cabo os nosos proxectos, non só para buscar e consultar libros, senón tamén como un lugar de ocio no que poden manexar os ordenadores, ver películas, facer manualidades, expoñer os traballos, e incluso veñen a visitala coas familias polas tardes.
a modo de reflexión, ao meu entender "A BIBLIOTECA DEBERÍA SER O CORAZÓN DO COLEXIO, O QUE BOMBEE INFORMACIÓN AO RESTO DE ESPAZOS; QUE SEXA QUEN DE CHEGAR A TÓDOLOS RECANTOS, QUE NON SÓ DOTE DE INFORMACIÓN, SENON QUE FAVOREZA A CIRCULACIÓN DE RETORNO PROMOVENDO E POTENCIANDO AS PRODUCCIÓNS LITERARIAS DO ALUMNADO, PROFESORADO E FAMILIAS."
En resposta a Ester Ojea

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
Potente esta imaxe: A biblioteca como Corazón do colexio... que bombea información... quen de chegar a todos os recantos!
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Cristina Novoa -
Vexo que facemos unha lectura bastante pesimista da nosa realidade. Como suxire Paco nalgunha resposta, e eu vos confirmo: todo o que teoriza Daniel Cassany sobre biblioteca escolar é produto, en boa parte, do seu achegamento ao mundo das bibliotecas escolares actuais, que comezou a primeira vez que o chamamos para uns encontros de bibliotecas do PLAMBE, hai xa uns anos; tivemos el e máis eu outro encontro posterior en Barcelona, nunhas xornadas ALFIN (no que según as súas propias palabras, confirmaba cousas que falaramos e vía que onde realmente se estaba a traballar de forma innovadora era nas bibliotecas); volveu estar connosco nunhas xornadas de bibliotecas e máis tarde no Congreso Bibliotecas en tránsito (2011). El mesmo admite que ese artigo bebe dun texto que fixo para ese congreso. En fin, quería dicirvos isto, porque ás veces non somos quen de ver que estamos xa adiantando o futuro. É certo que hai moitos atrancos, pero se Daniel e outros como el falan de bibliotecas escolares é porque é unha realidade poderosa, polo menos nesta esquina do mapa.
Nalgunha intervención dise que, claro, que o perfil bibliotecario do que fala Daniel é moi completo... que si necesita esto e o outro... é curioso, pero todo o que parece que necesita, xa o ten un docente (ou debería telo). Que de verdade non nos deixemos levar pola grandilocuencia (canda desde o sector de biblioteca pública se di que eles son profesionais, eu sempre lles pregunto se acaso os profesoras e profesores non o son), por exemplo...

Di Geli que ela quere construír unha casiña e pídenlle unha catedral. Ben, pois aí estamos. O outro día lin un artigo que falaba de como en África se están achegando á última tecnoloxía sen pasar polos estados intermedios polos que pasamos todos; seica hai unha organización non gubernamental que está apoiando a introdución de tecnoloxía móbil (tabletas, móbiles) no ensino, sen pasar polos ordenadores de mesa de toda a vida... e que a evolución é espectacular. Eles teñen as ghanas e o 1º mundo dalle os medios.
Pois ben, se eu estivese empezando a montar unha biblioteca, nestes momentos, xa me aforraría algunhas fases e iría pensando na biblioteca do futuro, que xa é presente nalgúns sitios, pensando sobre todo no alumnado que temos nos centros e nas necesidades que teñen de achegarse ao mundo da lectura e da información, pero ao mundo que se move agora. Habería que pensar nos espazos, e nas actividades, especialmente. Creo que aproveitar as boas prácticas que se dan a coñecer a través do curso ou a través da páxina de bibliotecas escolares, e tratar de ver cales son as claves da innovación nesas experiencias e cal é o uso que se fai da biblioteca é un dos camiños posibles.
https://vimeo.com/album/2546018
https://vimeo.com/32142408
Creo que temos moito e moi bo no colectivo do profesorado galego que se move nestes ámbitos da biblioteca escolar. Non nos desanimemos. Estamos nun momento crucial.
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Bea Otero -
Pois eu coido que a biblioteca como espazo de encontro é moi importante. Experiméntoo a diario. Moito alumnado achégase polo "bo ambiente" que hai nos momento de "emprego libre" da biblio (recreo e tardes).
Nenos e nenas de diferentes idades e grupos que fan cousas xunt@s.
Eso "mola mazo"
En resposta a Bea Otero

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Cristina Novoa -
Efectivamente, esa función de "espazo de encontro", de ofrecer un espazo amigable onde atoparse en igualdad de condicións cos compañeir@s, pero tamén cos profes, con outros profes, cos amig@s, cos propios pais, por que non...e tod@s arredor da cultura, coa cultura como mediación... esa é unha función primordial da biblioteca escolar. E non estamos falando de futuro. As bibliotecas xa están cumplindo esa función e esa é unha (unha, hai outras), das razóns do seu éxito nas comunidades educativas, desexosas de espazos comúns (existen estudos que falan da importancia dos lugares de encontro, de encontro físico, canto máis impregnada de tecnoloxía estea a sociedade. Xa hai moitos exemplos: os artistas máis novos buscan espazos comúns onde verse e comunicar e explorar xuntos, por exemplo)
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Bea Otero -
Eu sigo avogando polo recoñecemento d@ bibliotecari@ escolar como especialidade.
A administración apoia ás bibliotecas co PLAMBE, que é moi ambicioso e tal, pero que non é realista, porque @s mestr@s imos sacando adiante as biblios a base de moita vontade e moitas horas roubadas á nosa vida persoal.
Coido que as nosas reinvindicacións deberían ir por aí
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Bea Otero -
pequenos placeres desta bibliotecaria:
.hai case tantos axudantes da biblioteca como alumnado de primaria.
.os martes, que en teoría a biblio está pechada porque é día de reunións e atención ás familias, .moitos nenos e nenas asoman o nariz por se se poden quedar un anaco mentras esperan polos seus maiores. a meirande parte das veces, cando os veñen buscar, din que queren quedarse máis e os adultos acaban quedando tamén. lendo, buscando libros para o préstamo cos seus fillos ou botando unha man coas malditas etiquetas.
.antigo alumnado que xa está na eso, siguen vindo polas tardes para botar unha man, para facer os seus deberes ou traballos, para pedir que se lles axude a buscar información, para preguntar se hai tal ou cual libro.... e fanno na "súa" biblio, a que axudaron a montar, non na do insti, que é "outra cousa".
. na reunión de hoxe para ver se poñemos en marcha o proxecto, a meirande parte do profesorado dixo que adiante.
. o alcalde de cambados dixo que ERA A BIBLIOTECA MÁIS BONITA QUE VIRA (vale, si, foi unha visita preelectoral, pero dicir, o dixo)

sei que son cousiñas pequenas, pero van dando alimento para continuar
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Bea Otero -
En resposta a Bea Otero

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Ester Ojea -
moi boa reflexión, Bea, as veces só fai falta un palabra fermosa para arranxarte o día
En resposta a Ester Ojea

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Geli Piñeiro -
Cristina, gustoume moito o teu exemplo de África e vou tomalo como referencia. Seguramente hai moitos pasos non tan necesarios hoxe en día, que se poden saltar e facilitarnos un pouco o camiño.É máis importante alcanzar a meta que pasar por todos os puntos.
En resposta a Geli Piñeiro

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Susana Dieguez -
Después de leer lo que habéis escrito, reconozco que el equipo de biblioteca del que formo parte está demasiado centrado en la catalogación de los fondos y presta poca atención al trabajo con las nuevas tecnologías. Quizás en nuestro equipo de biblioteca deberíamos detenernos y plantear el trabajo de otra manera. Nuestro alumnos así lo demandan. Aunque nuestra biblioteca es un lugar de encuentro del alumnado en el que muestran las presentaciones de sus trabajos a sus compañeros, en el que hay encuentros con escritores, con padres... me doy cuenta de que nos falta tirar de las nuevas tecnologías para no quedarnos atrás.
En resposta a Susana Dieguez

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
Magnífico comentario. Obxectivos acadados, outros por conseguir, novos retos... estamos aprendendo!!
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Begoña Ferreiro -
A palabra biblioteca provén dos vocablos griegos "biblion" (libros) e "teka" (deposito ou caixa) a pesar desta etimoloxía, ninguén, hoxe en día, pode considerar unha biblioteca, e máis unha biblioteca escolar, coma unha simple caixa ou depósito de libros. Daniel Cassany, a través da súa reflexión, achéganos a súa idea dunha actualización da biblioteca escolar. Para min, xa non é a biblioteca escolar, esta xa leva tempo saíndo do seu oco para inmiscirse no proceso de aprendizaxe e proporcionar materiais axeitados e seleccionandos ( o que nomeamos coma centro de recursos para a aprendizaxe). Penso que agora ten que desenvolver novas estratexias que a leven a ser o punto de partida da invetigación buscando e apoiándose nas novas tecnoloxías, xa que non o entendería se fose doutro xeito. Espero que este curso, e tal vez a través de min,faga chegar o meu centro esta nova faceta e contaxie os seus membros.
En resposta a Paco Diaz

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Gonzalo Jara -
Hola!Yo creo que el texto lo muestra claramente, el concepto "tradicional" de Biblioteca escolar, está anticuado. Tenemos que ser nosotros mismos, los primeros en cambiar ese concepto, utilizando las nuevas tecnologías y adaptándonos a los intereses de los propios alumnos. A lo mejor, si les preguntamos a ellos, nos darán una respuesta más apropiada a lo que realmente quieren y lo que necesitan de nosotros y de la propia biblioteca. Claro está que no sólo esta opinión nos vale, porque nosotros (como profesores) también tenemos algo que decir en el tema. Abrir la biblioteca a nuestros propios compañeros y entre todos, darle ese impulso necesario.
En resposta a Gonzalo Jara

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Paco Diaz -
Interesante tamén esta proposta de preguntar aos usuarios. Interesante sempre non perder de vista o obxectivo último de cada paso que damos: a mellor oferta educativa, a mellor escola!
En resposta a Gonzalo Jara

Re: A bibloteca escolar: espazo ou actividade; documentos ou suxeitos

por Cristina Novoa -
A min paréceme moi axeita o que propós. De feito, eu estou empezando a propor a aquelas bibliotecas que consultan a forma de mellorar, que pasen unha enquisa aos rapaces (e aos profes, a ás familias) para ver que agardan da biblioteca. Especialmente nos centros de ensino secundario, e moi especialmente nos centros de FP ou conservatorios ou escolas de idiomas. Pero lembremos que as persoas non podemos crearnos expectativas se descoñecemos as posibilidades, neste caso da biblioteca. De aí que podamos crear unha enquisa con preguntas que ofrecen distintas posibilidades, ademais de recoller outras suxestións... pero que debemos, sobre todo, acudir ás fontes informadas, a documentarnos (como mínimo ás que vos recomendo sempre, directrices IFLA e marco de referencia de biblitoecas escolares; pero hai outras fontes bibliográficas como o artigo de Cassany, e outros artigos e libros de Glòria Durban por exemplo; ou a páxina de bibliotecas escolares portuguesas... todas as referencias que podedes atopar na páxina de biblitoecas escolares, nos enlaces externos. Nestos casos, é moi importante seleccionar a bibliografía ou os recursos nos que nos documentamos... hai bibliografía atrasada coa que temos que ser prudentes. Desde a Asesoría estamos á a vosa disposición sempre.
E hai outra cousa... os grupos de colaboradores da biblioteca escolar pode ser unha especie de grupo de contraste para analizar posibles servizos a implantar na biblioteca, ver se poden ter interese, por exemplo... a cuestión é documentarnos, asesorarnos, falar entre nós, entre o profesorado, e falar cos rapaces... para ver as súas necesidades. E unha última cousa, o sentidiño. Se pensamos en termos educativos actuais e a medio prazo, e actuamos con sentidiño, temos moitas probabilidades de camiñar por sendas útiles.