Foro de novas

Presentación.

Presentación.

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Benvida a todas as persoas que van a participar neste curso. Como poderedes ver na estrutura deste espazo, este curso desenvolverase simultaneamente en Pontevedra e en Lalín, esta é a razón de porque aparecen dous programas.
Este espazo web será unha canle de comunicación no que , quen queira, poderá comentar sobre algunha inquedanza referida ás temáticas do curso . Así mesmo, tamén permite que compartamos todo o material que nos remiten os relatores sobre as diferentes temáticas do curso.

Comezaremos o día 21 de outubro no CIFP A Xunqueira en horario de 18:00 a 21:00h en Pontevedra e, o 23 de outubro no CEIP Manuel Rivero, no mesmo horario, en Lalín.

Moito ánimo a todas as persoas participantes e esperamos que este curso vos sexa de proveito para a vosa práctica de aula e de centro.