Tarefa 2 (editar e mesturar 3 pistas)
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 17 de setembro de 2014, 3:50 PM
Pendente: martes, 7 de outubro de 2014, 3:50 PM
Utiliza o programa Audacity para gravar dúas pistas coa túa voz. A continuación, grava en streaming unha pista cunha sección de audio con música da Internet. Abre un proxecto de Audacity no que terás que editar a túa voz para darlle máis calidade e superpoñela á sección de música, procurando que a voz quede por enriba e a maior volume que a música.
Para realizar esta tarefa terás que poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos durante este curso: aplicar efectos de compresión, ecualización, supresión de ruido, normalización, recortar, mover pistas na liña de tempo, utilizar a ferramenta Envolvente, exportar, etc.
Unha vez rematada a edición do proxecto deberás enviarlle ao teu profesor o arquivo de audio en formato mp3.