TRENZANDO LINGUAS. CPR PL. NOSA SRA LOURDES. A ESTRADA
TÍTULO: TRENZANDO LINGUAS DESCRICIÓN: Este traballo tivo como produto final a elaboración un magazine radiofónico. A idea foi traballar tres xéneros textuais xornalísticos orais (entrevista, reportaxe e anuncio publicitario) e un xénero textual publicitario escrito, o mural; en todos os textos estivo presente a argumentación. O tema que o vehiculizou todo foi o libro, os escritores, a opinión dos rapaces sobre o libro, os escritores e as súas lecturas. Unha vez gravados os textos orais editouse todo nun programa radiofónico e o blog, ou a web do colexio, valeu como plataforma para colgalo. Cada un dos xéneros traballouse, segundo se acordou, nunha das catro linguas; o debate desenvolveuse en lingua galega. Por outra parte, cada xénero, incluíu actividades previas á realización da tarefa final; os murais colgáronse na Semana do Libro por todo o colexio. O colofón a todo o anterior foi un debate arredor do tema: "Libro en papel vs. libro dixital!
GT: unha mazá en cada estrela. IES Illa de Arousa
TÍTULO do proxecto: Polo Río Abaixo
Creamos Axencias de Viaxes ficticias para coñecer a xeografía da Península Ibérica a través dos seis principais ríos: Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir e Ebro.nos dous grupos de 3ESO, o alumnado foi repartido en seis grupos aos que lle foi asignado un río. Cada grupo traballou tarefas relacionadas coa súa Axencia nas materias de Lingua Francesa, Lingua Castelá, Música e Xeografía.