Opcións de matriculación
Persoa relatora:
Carlos Parada Gandos
Docente, formador e consultor de Formación especialista en Elearning
Asesora:
Lucía Viéitez Touriño (luciav@edu.xunta.gal)
PROGRAMA
DATAS:
Terceiro trimestre (maio)
20, 22 e 27 de maio: 16:00 a 20:00
29 de maio: 17:00 a 20:00
OBXECTIVOS
1.Poñer en valor a utilización das linguas cooficiais na creación de contidos virtuais, dixitais e audiovisuais que promovan a comunicación verbal.
2.Planificar e crear recursos educativos de comunicación verbal en contornos virtuais, dixitais e audiovisuais.
3.Aplicar estratexias que promovan entre o alumnado a utilización da lingua propia nas diversas canles de difusión virtual, dixital e audiovisual existentes.
CONTIDOS
1.Coñecemento de ferramentas e recursos para a mellora da competencia discursiva do alumnado.
2.Planificación e creación de recursos educativos de comunicación verbal nas linguas cooficiais en contornos virtuais, dixitais e audiovisuais.
3.Deseño de estratexias e ferramentas para a promoción da utilización da lingua propia nas diversas canles de difusión dixital e audiovisual.
4.A utilización das plataformas dixitais e virtuais como recurso metodolóxico que favorece o tratamento integrado das linguas a partir da creación de secuencias discursivas.