Esta actividade está dirixida a persoal docente de calquera especialidade e nivel de linguas estranxeiras e céntrase principalmente en mellorar a competencia didáctica e a competencia dixital do profesorado.

Obxectivos:

1. Seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas estranxeiras.

2. Adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación e familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas estranxeiras.

3. Promover a accesibilidade e a inclusión na aula de lingua estranxeira a través da capacitación dixital e da personalización.


Contidos:

1. Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.

2. Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.

3. Ferramentas institucionais.

4. Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.


Esta actividade está dirixida a persoal docente de calquera especialidade de linguas estranxeiras e céntrase principalmente en mellorar a competencia didáctica e competencia comunicativa.

Obxectivos:

1. Desenvolver a competencia comunicativa do profesorado e a súa autonomía investigadora.

2. Enriquecer as boas prácticas educativas con distintos recursos analóxicos e dixitais.

3. Actualizar a formación metodolóxica do profesorado a través da súa lingua de aula: alemán, francés, inglés, italiano e portugués.

Contidos:

1. Análise de temáticas transversais e relevantes para o proceso de ensino-aprendizaxe.

2. Recursos para a mellora das prácticas educativas.

3. Estratexias para o desenvolvemento das destrezas de expresión e mediación orais en alemán, francés, inglés, italiano e portugués.


Esta actividade está deseñada para profesorado de linguas estranxeiras que imparte ensinanzas en educación infantil e educación primaria.


Obxectivos:

1.Aprender a crear materiais e recursos para educación infantil e primaria en inglés e francés.

2.Introducir ferramentas dixitais para a creación de materiais.

3.Entender o xogo como medio de aprendizaxe na aula de inglés e francés.


Contidos:

1.Creación de materiais manipulativos para o proceso de ensinanza-aprendizaxe da lingua estranxeira.

2.Deseño de infografías e posibilidades de uso na no ensino da lingua estranxeira.

3.Produción de recursos a partir de contos.

4.Coñecemento de rutinas, cancións e xogos para o día a día na aula.



Esta actividade está deseñada para formar aos centros educativos que desexan solicitar a Acreditación Erasmus+.


Obxectivos:

1.Coñecer a estrutura, accións e prioridades do Programa Erasmus+ e do proceso de acreditación plurianual de centros educativos.

2.Adquirir estratexias para a planificación e redacción da solicitude de acreditación Erasmus+ para centros educativos.

3.Promover o desenvolvemento dun plan de internacionalización nos centros educativos.


Contidos:

1.Programa Erasmus+ 2021-2027: accións e prioridades.

2.Procedemento de diagnóstico e detección de necesidades no contexto da internacionalización.

3.Plan de Internacionalización de centro.

   3.1.Equipo de internacionalización e atribución de responsabilidades.

   3.2.Obxectivos.

   3.3.Avaliación, seguimento e difusión.

4.Criterios de elixibilidade de solicitudes.