Persoas relatoras:

José Formigo Couceiro

Irma Fernández Alonso

Isidora Gil González

Gumersindo Mosteiro

Maribel Iglesias Baldonedo


Asesora:

Lucía Viéitez Touriño


PROGRAMA

Sábado, 6 de maio de 2023


10:00 h: "As palabras do camiño" proxecto do IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis). José Formigo (Departamento de Historia).

11:30 h: Pausa

11:45 h: "Música no Mosteiro" proxecto do IES Celanova - Celso  Emilio Ferreiro (Celanova). Irma  Fernández Alonso, Departamento de Música e Isidora Gil González, Departamento de Debuxo.

13:15 h: Saída dende o CFR de Pontevedra a Cambados.

14:00 h: Comida en Cambados.

16:30 h: Ruta polas ruínas de Santa Mariña Dozo e Torre Medieval de San Sadurniño (Cambados) - Visita guiada  por Gumersindo Mosteiro, Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, especialidade de arte medieval.

18:30 h:  Ruta ao Pazo de Fefiñáns - Visita guiada por Maribel Iglesias  Baldonedo, licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Doutorada en arte.

20:30 h: Regreso a Pontevedra



OBXECTIVOS

1.Achegar ao profesorado a posibilidade de utilizar o patrimonio cultural e a historia locais como recurso didáctico.

2.Desenvolver competencias profesionais cara a elaboración de actividades didácticas utilizando os recursos históricos e patrimoniais da nosa contorna.

3.Coñecer diferentes propostas metodolóxicas susceptibles de ser integradas no currículo escolar.


CONTIDOS

1.O patrimonio histórico e cultural da nosa contorna como recurso didáctico.

2.Posibilidades que ofrecen o patrimonio e a historia locais no marco do deseño curricular.

3.Implementación na aula de actividades arredor do patrimonio local.




Persoas relatoras:

Francisco César Díaz Rey

Felicidad Campal García

Ana Ordás

María Olga Rodríguez Díaz

Javier Prado Espiñeira

María Asunción Carballo Rodríguez

Alicia Nimo Liboreiro




Asesora:

Lucía Viéitez Touriño


PROGRAMA

1.ª SESIÓN: Presentación - Proxectos na Biblioteca. Francisco César Díaz Rey

23 de febreiro - 17:00 a 20:00 h.


2.ª SESIÓN: Competencia informacional e ludificación. Felicidad Campal e Ana Ordás.

27 de febreiro - 17:00 a 20:00 h.


3.ª SESIÓN: Tratamento da información. María Olga Rodríguez Díaz

2 de marzo - 17:00 a 20:00 h.


4.ª SESIÓN: A radio na Biblioteca Escolar. Javier Prado Espiñeira.

6 de marzo - 16:00 a 20:00 h.


5.º SESIÓN: Boas prácticas (CEIP P. de Outes e IES Valadares).

9 de marzo - 16:00 a 20:00 h.


6.º SESIÓN: Alfabetizacións múltiples e traballo por proxectos. Francisco César Díaz Rey.

20 de marzo - 17:00 a 20:00 h.


Obxectivos

1.Promover a presenza de bibliotecas escolares activas, como recurso imprescindible nos procesos de aprendizaxe.

2.Examinar diferentes estratexias para procurar, organizar, reelaborar, estruturar e presentar a información.

3.Dotar ao profesorado de formación e recursos suficientes e actualizados para a integración das TAC.

Contidos

1.Alfabetización mediática e informacional.

2.Busca, tratamento e comunicación da información.

3.Emprego das tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento na educación documental.

4.Metodoloxía de traballo no Proxectos Documentais Integrados.





Persoas relatoras:

Jacobo Fernández Serrano

Piu Martínez


Asesora:

Lucía Viéitez Touriño



Obxectivos

1.Coñecer as tendencias actuais e as posibilidades didácticas de formas textuais que utilizan a imaxe soa ou en combinación coa linguaxe verbal (álbums ilustrados, cómics, novela gráfica etc.)

2.Utilizar o álbum ilustrado na aula para desenvolver a sensibilidade, o sentido estético e as habilidades de comprensión e lectura.

3.Recoñecer as relacións entre texto e imaxe, as súas interaccións e posibilidades.

Contidos

1.Selección de fondos relevantes e de calidade para as diferentes idades no ámbito do álbum ilustrado e da banda deseñada.

2.Lectura de imaxes.

3.Actividades de animación á lectura de texto e imaxes.

4.Actividades integradoras de texto e imaxe.



Persoas relatoras:

Soraya González Guerrero (Pandora Mirabilia)
Lucila Urda Peña (Pez Arquitectos)
Fermín González Blanco (Sistema Lupo)
Judit Santos Almeida (Miudiño S. Coop. Galega)


Asesora:

Lucía Viéitez Touriño


Programa curso Deseño de patios e espazos educativos 22-23 (12 horas presenciais)

Sesión 1. Mércores 18 de xaneiro de 17:00 a 20:00h.

Coñecementos teóricos (3 horas) - Pandora Mirabilia e Estudio Pez

Bloque 1.1: Perspectiva entre a arquitectura e a pedagoxía. Diagnóstico e proposta.

Bloque 1.2: Ferramentas e metodoloxías participativas (parte técnica).


Sesión 2. Venres,  20 de xaneiro de 17:00 a 19:30h.

Coñecementos teóricos (2 horas e media) - Cooperativa Miudiño

Bloque 2.1: Patios Vivos. Patios de socialización, aprendizaxe e xogo libre.


Sesión 3. Mércores 25 de xaneiro de 17:00 a 20:00h.

Coñecementos teóricos (3 horas) - Fermín Blanco (proxecto Mestra de obra)

Bloque 3.1: Espazo físico, elementos de transformación (casos concretos e sinxelos, adaptados á pandemia).

Bloque 3.2: Dinámicas para traballar en patios e proposta de xogos.


Sesión 4. Venres, 27 de xaneiro de 16:30 a 20:00h.

Parte práctica (3 horas e media) - Pandora Mirabilia, Fermín Blanco e Cooperativa Miudiño

Bloque 3.1: Realización de exercicios de aplicación dos contidos das tres sesións anteriores





Persoas relatoras:

María Masaguer Otero
Martín Barreiro Cruz 
Lucía García-Cernuda Ruiz de Alda 
Alberto Fortes Novoa 
Clara Megías Martínez

Asesora:
Lucía Viéitez Touriño

OBXECTIVOS DO CURSO

1.Introducir a cartografía como ferramenta de representación e análise da paisaxe e do territorio na práctica docente e introducir a súa utilidade no cambio social a través do estudo do territorio como espazo inclusivo.

2.Utilizar diferentes ferramentas, tanto analóxicas como dixitais, para plasmar a realidade próxima a través de cartografías participativas.

3.Coñecer experiencias realizadas no ámbito educativo con cartografías como unha das liñas de intervención.




Relatora: 

Rocío Romero Otero

Asesora:

Lucía Viéitez Touriño


Obradoiro de aprendizaxe que proporciona ao profesorado novas ferramentas derivadas do teatro e métodos de ensino innovadores en calquera lingua, estimulando e fomentando a participación do alumnado.


O obxectivo principal é o ensino de calquera materia centrando a atención do alumnado no teatro, estimulando a súa comprensión e involucrándoos de xeito positivo e dinámico na aula con máis traballo en grupo e menos traballo individual.