Obxectivos

1.Promover a presenza de bibliotecas escolares activas, como recurso imprescindible nos procesos de aprendizaxe.

2.Examinar diferentes estratexias para procurar, organizar, reelaborar, estruturar e presentar a información.

3.Dotar o profesorado de formación e recursos suficientes e actualizados para a integración das TIC.

Contidos

1.Alfabetización mediática e informacional.

2.Busca, tratamento e comunicación da información.

3.Emprego das tecnoloxías da comunicación e da información na educación documental.

4.Metodoloxía de traballo por proxectos. Proxectos Documentais Integrados.

OBXECTIVOS

1.Analizar as implicacións metodolóxicas que supón a incorporación das competencias básicas, nomeadamente a competencia en comunicación lingüística, na didáctica das linguas.

2.Levar ás aulas algunha proposta didáctica consonte cun enfoque competencial para analizar o seu potencial e a súa eficacia, centrándonos na oralidade.

3.Valorar as implicacións das novidades metodolóxicas nos procesos de ensino e de aprendizaxe que se desenvolven nas aulas e nos proxectos lingüísticos dos centros.