Esquema de temas
-
Competencias profesionais
Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.
Membro dunha organización - Organización, planificación, coordinación.
Xustificación
Mellora das competencias profesionais a través dunha mellora da autoxestión emocional, e da convivencia e do clima no centro. Redacción do Plan de convivencia segundo os novos decretos e leis. Renovación da metodoloxía didáctica no ensino/aprendizaxe de idiomas a través da integración real das TIC na aula. Formación, práctica e elaboración de materiais a través do traballo colaborativo en espazos virtuais e en redes sociais. Adaptación das programacións á nova Lei de Educación.
Obxectivos
1. Concienciar á comunidade educativa da importancia de involucrarse nas decisións que afectan á convivencia no centro.
2. Revisar a normativa relativa á convivencia nos centros educativos e e a documentación interna do centro, RRI e NOF.
3. Redactar o Plan de Convivencia.
Contidos
1.Análise das enquisas de convivencia do centro.
2.Propostas de resolución de problemas.
3.Revisión do noso RRI e adaptación das NOF ó novo Plan de Convivencia.
Relatoras: Mª Carmen Loureiro López
Mª Diana Rodríguez Salgado
Asesora: Carmen Calleja Lameiras
Enderezo Electrónico: ccallejalameiras@edu.xunta.es