Esquema de temas

  • O1706011 PFPP O1731014 Atención á diversidade e tratamento do medo escénico

    Competencias profesionais

    Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Mediación, resolución de conflitos.

    Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Orientación pedagóxica e atención á diversidade.

    Xustificación

    Necesidade de formación para un centro que presenta unhas características especiais pois nel impártense as ensinanzas profesionais de música. Os seus horarios difiren enormemente dos demáis centros de ensino, non teñen outros centros cos que intercambiar experiencias e metodoloxías, teñen unha gran diversidade de alumnado e, en xeral, poucos recursos de formación axeitados ás peculiares necesidades.

     
    Obxectivos

    1.  Acadar capacidades para optimizar o proceso de ensinanza/aprendizaxe do alumnado con necesidades especiais

    2.  Acadar ferramentas básicas para orientar ao alumnado con medo escénico

     
    Contidos

    1.Alumnado con necesidades de apoio educativo no Conservatorio: Asperger, Altas capacidades, TDAH...

    2.Comportamento humano

    3.Xestión da conducta, comportamento e emoción co noso alumnado

    4.Disciplina positiva na aula: ferramenta para crear cohesión grupal e éxito na aprendizaxe

    5.Xestión do medo e outras habilidades da vida

    6.Creación dun clima de cooperación e respecto mutuo

    7.Exercicios prácticos de autorregulación emocional ante o público

    Nome: CMUS Profesional de Ourense
    Enderezo:  Rúa Pablo Iglesias s/n - Lagunas
    Localidade: Ourense
    Concello: Ourense
    Enderezo electrónico: cmus.ourense@edu.xunta.es
     Relatora:
    RODRÍGUEZ SALGADO, MARÍA DIANA neuroterapiasvigo@gmail.com
    Asesora:
    CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN ccallejalameiras@edu.xunta.es
  • Presentación

    Atención á diversidade e tratamento do medo escénico

  • Materiais finais