Esquema de temas

  • O1606017 PFPP O1631018 Elaboración do Plan de convivencia da EOI de Ourense

    Competencias profesionais

    Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

    Xustificación

    Mellora das competencias profesionais a través dunha mellora da autoxestión emocional, e da convivencia e do clima no centro. Redacción do Plan de convivencia segundo os novos decretos e leis. Renovación da metodoloxía didáctica no ensino/aprendizaxe de idiomas a través da integración real das TIC na aula. Formación, práctica e elaboración de materiais a través do traballo colaborativo en espazos virtuais e en redes sociais. Adaptación das programacións á nova Lei de Educación.

     

    Obxectivos

    1.  Concienciar á comunidade educativa da importancia de involucrarse na toma de decisións relativas á convivencia no centro.

    2.  Revisar a normativa relativa á convivencia nos centros educativos e o noso RRI para adaptalo ó novo plan de convivencia.

    3.  Redactar o Plan de convivencia.

     

    Contidos

    1.Análise da normativa relativa á convivencia nos centros educativos.

    2.Propostas de resolución de problemas con casos concretos.

    3.Revisión do noso RRI e adaptación das normas de organización e funcionamento ó novo plan de convivencia.

    4.Redacción de forma consensuada do Plan de convivencia da EOi de Ourense.

    Centro sede

    Nome: EOI de Ourense
    Enderezo:  Paseo Mestre Vide s/n
    Localidade: Ourense
    Concello: Ourense
    Enderezo electrónico: eoi.ourense@edu.xunta.es
     
    Cód. postal: 32004
    Teléfono: 988366073
     
     Relatores
    Mª Carmen Loureiro López
    Mª Diana Rodríguez Salgado

    Asesor responsable da actividade

    Asesor:  CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

    Enderezo Electrónico:  ccallejalameiras@edu.xunta.es
  • Presentación de Da Mª Carmen Loureiro

  • Presentación de Da Diana Rodríguez Salgado