Este grupo de traballo xorde como unha continuación do grupo de traballo "Alemán en secundaria" (nº O1605032) que se levou a cabo durante o curso 2016-2017. O grupo de profesores que participou nesa actividade de formación amosou interese por continuar colaborando noutro grupo de traballo relacionado coa temática do alemán. Por outra banda tamén queremos coñecer novas metodoloxías, como a aprendizaxe por proxectos, tan en voga na actualidade. Tendo en conta que os participantes pertencen a diferentes materias, pensamos que é unha boa metodoloxía para o traballo interdisciplinar.