A finalidade desta actividade é a formación de persoas relatoras para dar resposta ás accións formativas que están relacionadas co proxecto E-Dixgal.

Trátase de afondar sobre cuestións técnicas e funcionais específicas, de nivel avanzado relacionadas coa práctica de aula no proxecto E-Dixgal e de adquirir estratexias para dar a coñecer as posibilidades do EVA nos centros educativos.