Obxectivos

1. Identificar os distintos bens e servizos públicos e coñecer o seu valor económico e repercusión social.

2. Recoñecer as diferentes fontes de financiamento dos bens e servizos públicos, especialmente as fontes fiscais.

3. Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, polo tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.

Contidos

1. A educación cívico-tributaria como educación en valores e a súa integración na LOMCE.

2. O programa de educación cívico-tributaria na Axencia Tributaria. Actividades desenvolvidas e estratexias de futuro.

3. O Portal de Educación Cívico-Tributaria na Internet.

4. Para que son os impostos?

5. Quen paga os impostos?

6. Que impostos hai?

7. Que son as aduanas?

8. Quen recada os impostos e controla as aduanas?

9. Desde cando hai impostos?

10. Coñecementos básicos do contribuínte na Internet.

11. Aplicación práctica docente.

12. Resumo, conclusións a avaliación do curso polas persoas participantes. Cuestionarios para a mellora do deseño e desenvolvemento do programa e dos cursos.