Actividade en colaboración coa USCAqualab

Indicadores de competencias

Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Básico - Identifica o papel que desempeñan a organización espacial e a selección de recursos e materiais no desenvolvemento de diferentes propostas metodolóxicas.

Competencia didáctica - Xestión do coñecemento - Básico - Actualiza os coñecementos da súa materia, ámbito ou disciplina.

Contidos

  1. Microcontroladores e sensores para a medida de contido de auga no solo: montaxe, programación e introdución á Arduino.
  2. Calibración dun sensor de medición do contido de auga no solo: calibración, táboa de datos nunha folla de cálculo e representación gráfica.
  3. Balance de auga no solo: balance hídrico con sensores de contidos de auga no solo, elementos e medición.

Datas:  9 de marzo de 2024
Nº de horas de formación certificadas:  8

Lugar de celebraciónEscola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo

Rúa Benigno Ledo, 2, 27002 Lugo

Aula de Instrumentación (Pabillón 3)