Curso L2302010 - Pensamento computacional e robótica básica na aula. Do True True ao mBot 

  • DATAS: 22 e 29 de FEBREIRO, 7 de MARZO HORARIO:
  • 17:00 a 20:00h (22 e 29 de FEBREIRO)
  • 17:00 a 19:00h (7 de MARZO) DURACIÓN TOTAL: 8 h presenciais 
  • RELATOR: López Grande, Marco 
  • LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro de Formación e Recursos de Lugo Doutor Yáñez Rebolo, 31 - Lugo 
  • ASESOR: Pablo Varela Pardo


OBXECTIVOS

  • Identificar as características e funcionamento do True True, m-Bot e lego máquinas simples.
  • Coñecer linguaxe de programación en Makeblock (scratch) para a programación do m-Bot.
  • Coñecer software para programación dos robots traballados (APP de true-true, Makeblock).

CONTIDOS

Sesión 1

  • Pensamento computacional e a súa importancia na educación. Integración nas distintas etapas e áreas.
  • Robots. Que entendemos por robot? Características e compoñentes dun robot.
  • Características, funcionamento e uso didáctico do True True.
  • Apps para True True. 
  • Prácticas con True True. Deseño de actividades para traballar o pensamento computacional.
  • Propostas didácticas con True True.

Sesión 2

  • M-Bot: características, funcionamento e uso didáctico.
  • Scratch e Programación do M-Bot utilizando Makeblock. 
  • Prácticas con M-Bot
  • Propostas didácticas con M-Bot.

Sesión 3

  • Prácticas con M-Bot. Deseño de actividades para traballar o pensamento computacional. 
  • Outras posibilidades en robótica educativa.
     -Fabricando os nosos propios robots e outros proxectos sinxelos. 

     -Arduino e hardware libre. ESP32STEAMaker & ArduinoBlocks. A IOT (Internet of Things).

  • Robótica e IA.