Competencias profesionais a desenvolver

Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe.

Especialista na súa materia - Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.

Obxectivos

  1. Formar a docentes de centros educativos para desenvolver propostas de transformación de patios escolares a través do coñecemento doutros colectivos e especialistas que están traballando actualmente neste eido.
  2. Fomentar a mobilidade e autonomía infantil incluíndo os camiños escolares e os desprazamentos aos centros educativos.
  3. Indagar en metodoloxías de dinamización deseñadas para favorecer a participación e inclusión de todo o alumnado e analizar as posibilidades espaciais do espazo educativo dentro e fóra da aula.

Contidos

  1. Patios escolares inclusivos con especial atención ao xénero e á diversidade.
  2. A autonomía e integración da infancia a e xuventude no espazo público a través dos camiños escolares e o eido escolar. A vulnerabilidade dos menores no espazo público.
  3. A importacia da vexetación no espazo educativo e na vida das persoas máis novas.
  4. A importancia do xogo ao aire libre.
  5. A análise do sentir no espazo educativo: luz, cor, acústica, temperatura etc.
  6. Promover propostas de transformación dos espazos educativos a través de metodoloxías participativas.
Datas: 
Nº de horas de formación certificadas:  12
Lugar de celebración. Salón de actos do CFR de Lugo