Actividade en colaboración coa USC.
Competencias profesionais a desenvolver
Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.
Membro dunha organización - Xestión da participación e implicación en proxectos comúns
Obxectivos
- Proporcionar formación ao profesorado preuniversitario na práctica investigadora e no método científico para achegalo ás súas aulas.
- Planificar e desenvolver proxectos de investigación na aula.
- Proporcionar chaves para a elaboración e presentación en público dun estudo científico.
Contidos
- O método científico e a práctica investigadora na aula.
- Metodoloxías e ferramentas para a realización de proxectos de investigación.
- Metodoloxías e ferramentas para a presentación de estudos científicos.
Datas: 14 e 15 de outubro de 2022
Nº de horas de formación certificadas: 19
Lugar de celebración. Campus de Lugo
- Profesor: Yolanda Fernández López