Curso nos que practicaremos desempeños para desenvolver as competencias profesionais docentes:

  • Competencia 3. Interlocutor/a e referente na comunidade educativa.
    • subcompetencia 13  Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

Planificaremos accións para que o profesorado adquira técnicas de xestión emocional  para a mellora da comunicación en público e a interacción cos demais.

  • Competencia 6. Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - 
  •  subcompetencia 23. Acción titorial e atención á diversidade.

Planificaranse accións para que o profesorado adquira técnicas de comunicación para a mellora da comunicación, traballo das emocións, mellora da estima, a escoita activa e empática de forma que poida  contextualizala no proceso de ensino-aprendizaxe.

As accións desenvolvidas estarán integradas curricularmente e o profesorado será capaz de adaptarse ao seu contexto e ás necesidades do alumnado.

Datas: 
Nº de horas: 20
Dirixido a: Todo o profesorado.