Plan de formación de centro orientado a traballar e profundizar con tódalas opcións que ofrece Moodle, adaptándoo ao tipo de ensinanza necesaria en cada momento (presencial, mixta ou non presencial) polas dificultades xurdidas na era Covid-19. 

Plan de formación de centro orientado ao traballo de Patios dinámicos e inclusivos, con especial énfase na era Covid-19. 

- Adquirir coñecementos básicos sobre a fotografía dixital.
- Utilizar programas para modificar o tamaño das imaxes.
- Ser capaz de modificar fotografías e de realizar composicións.
- Empregar imaxes en actividades educativas.
- Ser capaz de editar e facer sinxelas montaxes de imaxes e vídeo.
- Realizar unha actividade práctica na que se utilice imaxes ou vídeos editados con fins educativas.
- Coñecer o funcionamento e as posibilidades didácticas do encerado dixital interactivo.
- Presentar repositorios onde atopar contidos e actividades para expoñer co encerado dixital interactivo.
- Seleccionar e/ou xerar actividades para traballo co alumnado utilizando o EDI.
- Coñecer os conceptos básicos do son.
- Manipular ficheiros de son para integralos nas actividades de aula.
- Buscar e publicar ficheiros de son en diferentes repositorios.
- Coñecer aspectos básicos na elaboración de contidos dixitais: uso e edición de imaxes, transformación e uso de pistas de audio, inserir vídeos.
- Analizar as posibilidades didácticas de LIM.
- Elaborar con LIM actividades curriculares en formato dixital.
Ao finalizar o curso cada profesor/a terá que ser quen de elaborar o seu propio caderno dixital do profesor, no que recollerá documentos feitos co procesador de texto, presentacións de diapositivas e diferentes recursos (imaxes, vídeos, etc.) destinados a desenvolver algunha unidade didáctica na aula.