Este seminario nace como necesidade do profesorado especialista (PT, AL e orientadores) de afondar no aproveitamento das TIC e outros recursos para mellorar a atención á diversidade nos respectivos centros. Esta actividade forma parte do Plan Formativo Creando Redes para persoal docente especialista dos Departamentos de orientación (orientadores/as, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe).

Seminario do centro docente María Auxiliadora de Lugo.

1.  Coñecer o modelo de aula TEA a nivel estata, e repensar o modo de actuación nas nosas aulas.

2.  Establecer os contidos mínimos e a adaptación dos mesmos a este alumnado nos distintos niveis curriculares.

3.  Realizar materiais adaptados a este alumnado que permita a súa inclusión nas aulas e nos centros.