Avaliación inicial
Escolla múltiple
Solución
Actividade de lectura
O noso alumnado é diverso. Haberá quen traballe en centros con máis neofalantes e haberá quen teña nas aulas máis paleofalantes ou onde os dous perfís convivan de forma máis ou menos equilibrada. Mais é habitual que o noso alumnado teña comportamentos diglósicos.
A diglosia é un fenómeno lingüístico polo cal as persoas consideran que, nunha situación de contacto de linguas, a lingua A (maioritaria, de prestixio, hexemónica) e a lingua B (minorizada) teñen diferentes funcións e comportamentos sociais e esas funcións e comportamentos asúmense con normalidade.
Como resultado desta situación diglósica, en relación ao coidado da lingua, ninguén discute, por exemplo, que non é normal introducir desvios da norma ao falar ou cantar en castelán. Mais é habitual que ao falar ou cantar en galego se introduzan castelanismos.
Pensas que é bo que, cando menos no ámbito do ensino, nos preocupemos pola cualidade da lingua das nosas improvisacións? Ou, polo contrario, consideras que podemos ou debemos aproveitar a contaminación do galego por razóns expresivas? Podemos facer humor en galego sen introducir castelanismos -como os humoristas máis presentes na TVG, por exemplo- ou podemos facer humor en galego sen interferencias, como fai, por exemplo, Quico Cadaval? Estas son cuestións básicas que nos facemos neste proceso colectivo que é impulsar a improvisación oral en verso na Galiza, á hora de traballarmos en galego oral con alumnado de primaria e secundaria.
Actividade de encher espazos
Le o parágrafo seguinte e escrebe as palabras que faltan empregando unha linguaxe non discriminatoria:
Test SCORM
Pregunta Verdadeira ou Falsa
E é verdade ou é mentira?
Retroalimentación
Verdadeiro
Desgraciadamente, é un tema tradicional que aínda está presente no repente galego.
Retroalimentación
Falso
Poden ser consoantes (por exemplo: casa-pasa) ou asoantes (lama-cana)
Escolla múltiple
Solución
Escolla múltiple
Solución
Actividade de encher espazos
Le a copla seguinte e escrebe a palabra rima que falta:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0