CARACTERÍSTICAS DO CURSO
Modalidade: Curso
Competencias profesionais
Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbais: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.
Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.
Destinatarios. Profesorado que está impartindo todas as ensinanzas corpos e especialidades
CFR orixe - Ferrol
Plan anual - 2021-2022
Prazas previstas: 20
Horas totais: 20
Horas presenciais: 15 Horas non presenciais: 5
Obxectivos
1.Adquirir estratexias metodolóxicas para potenciar a lingua oral como medio de expresión e comunicación
2.Coñecer e practicar as regueifas de xeito activo, utilizando a voz e o propio corpo como instrumento
3.Capacitar ao profesorado para o desenvolvemento dun proxecto artísico transversal baseado nas regueifas
Contidos
1.A dramatización como aglutinadora das diversas linguaxes expresivas.
2.O patrimonio inmaterial relacionado coas regueifas
3.Dinamización e divulgación cultural na rede a través das novas tecnoloxías da comunicación e das ferramentas dixitais.
4.As ferramentas dixitais para os proxectos artísticos.
5.A capacidade de improvisación como recurso persoal para a comunicación, pautas para o seu desenvolvemento a través das regueifas.
6.O proxecto artístico no centro baseado nas regueifas.
7.Metodoloxía e avaliación de tarefas ou proxectos realizados sobre regueifas.
8.A improvisación como recurso para mellorar a autoestima e o autocoñecemento.
Observacións
1. Este curso está dirixido a todo o profesorado, calquera que sexa a materia ou nível educativo que imparta, e pretende dotar de ferramentas para convertir a regueifa nunha ferramenta educativa.
2. Realizarase ou deseñarase unha aplicación práctica co alumnado, dalgún contido do curso.