Folla de Ruta
Creatividade e Xestión Cultural
Folla de ruta - "Creatividade e Xestión Cultural"
Nestas cinco horas realizaremos un pequeno achegamento ao potencial creativo da improvisación oral en verso. Ao mesmo tempo, tentaremos partillar experiencias sobre a Xestión Cultural nos Centros Educativos. Buscaremos canles de comunicación para a implicación territorial dos proxectos socioculturais coas asociacións da zona. Observaremos un pequeno deseño da xestión dun Plan de Comunicación Cultural. Botaremos man das TIC para adentrarnos nos procesos de creación colectiva a través da innovación. Ferramentas para a creación horizontal na contorna dixital. Por último esturademos modelos de dinamización e divulgación cultural na rede.
Competencias profesionais docentes e Obxectivos para estas dúas semanas seguindo o modelo competencial da Rede de Formación:
Competencias: Dentro das Competencias Xenéricas de Perfil tentaremos achegarnos á de Educador/a guía no proceso de aprendizaxe, Investigador/a e innovador/a, Especialista na materia, Comunicador/a en lingua materna e Competente en TIC
Obxectivos: Valorar as posibilidades que ten a improvisación oral en verso como canalizador competencial. Aproveitar a experiencia colaborativa para construír entre todas e todos ferramentas que permitan mellorar as nosas competencias como docentes, creadores/as e comunicadores/as.
Actividades iniciais preparatorias deste tema.
Analizaremos os nosos precoñecementos realizando unhas pequenas probas para valorar o noso punto de partida no tema.
Neste paquete poderedes atopar:
- Un prezi que nos achega a un caso real de Centro Educativo como Contedor Cultural.
- Modelos participativos e guías de Xestión Cultural.
Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias no senso de que si computan para a cualificación.
- Actividade - "Ponte nas ondas... regueifando"
- No foro "Debate sobre o poder do profesorado para mudar a sociedade" podemos intercambiar ideas e, se xorde, debatir coas compañeiras e compañeiros do curso para madurar as nosas ideas sobre se é interesante interaccionar coa sociedade que rodea o noso Centro Educativo.
Avaliaremos e cualificaremos estes desempeños e tarefas: