Un guión dun espectáculo escolar de repente galego
Este texto que tes abaixo é un exemplo dun guión de evento de improvisación cantada con público e un grupo de repentistas. Este texto é un exemplo que tes que ter en conta para entregar unha das tarefas deste Tema 4.
O texto é o guión dun acto de improvisación no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces. A organización deste evento enmárcase dentro do I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza e foi organizado polo alumnado e o profesorado de RIOV, a cadeira de "Regueifa e improvisación oral en verso" que se imparte no IES Marco do Camballón.
Como verás, é un guión feito á medida dun grupo de trece improvisadoras -parte delas alumnas e parte delas adultas- e de dúas alumnas presentadoras.
Que nos interesa deste texto? Fíxate na participación das artistas, nas formas de improvisación que desenvolven, nas súas intervencións.
Ten enconta unha cousa: Xosefa de Bastavales e Marisol Manfurada actúan no escenario mais non improvisan. Así que pon a túa atención nas outras artistas que si cantan con palabras imprevistas: que fan? como se organizan no escenario? que temas desenvolven?
Aquí vai o texto:
Festival de Regueifa de Mulleres
.
Auditorio Xosé Casal, Vila de Cruces, 28 de xaneiro de 2016
Horario: 18.00 a 20.00
.
Participantes:
.
Artistas:
.
Marisol Manfurada, Alba Maria, Sara Marchena, Esther Porrit, Noa do Capón, Nuria das Cruces, Marisa Otero, Yolanda das Cereixas, Lara do Ar, Silvinha, Branca Trigo Cabaleiro, Iria Alvarez, Lorena Medela, Lupe Blanco + Xosefa de Bastavales.
.
Presentan:
Carla de Brandomés e Marco Pedreira (alumnado de 2º da ESO).
.
.
0. PRESENTACIÓN DO ACTO: CARLA E MARCO
.
- Olá, amigas e amigos, benvidas e benvidos ao I Encontro de Mulleres Repentistas.
-
Improvisadoras
-
Ou regueifeiras.
-
Este é un Encontro moi especial. E nada seria posíbel sen a vosa presencia aquí e, sobre todo, sen a participación desinteresada das mulleres que hoxe van aparecer no escenario.
-
Semella que o repente galego é cousa de homes, mais as apariencias enganan.
-
Porque na nosa historia e hoxe mesmo, a regueifa tamén é cousa de mulleres.
-
Como dixo unha delas na TVG:
.
“A verdade é que nós,
somos todas, ai, artistas,
no século XXI
a regueifa é feminista”
.
-
Como sabedes, no Courel o repentismo chámase “brindo” e as persoas que cantan improvisando “brindadoras”.
-
Nós intentamos que Angelita de Baño estivese hoxe con nós, mais foi imposibel que se puidese achegar a Vila de Cruces.
-
Mais nós fomos á montaña e o Proxecto Regueifesta gravou un pequeno vídeo. Esta é a nosa homenaxe á última brindeira do Courel:
-
Con vós: Angelita de Baño!
.
VÍDEO de Angelita de Baño.
.
.
-
HOMENAXE A XOSEFA DE BASTAVALES
.
-E agora, si, chegou un dos momentos máis emocionantes da tarde.
-
Chamamos ao escenário a Marisol Manfurada e a Xosefa de Bastavales!
-
Un aplauso!
.
MARISOL PRESENTA A XOSEFA.
CANTA XOSEFA. CANDO ACABA DE CANTAR:
PRESENTADORAS:
.
-
Señora Xosefa, para nós é unha honra que viñese a este encontro de mulleres.
-
E por iso queriamos entregarlle estas flores, darlle as grazas por todo, e este grande aplauso.
.
ENTREGASELLE O RAMO DE FLORES
.
MARISOL MANFURADA ACOMPAÑA A XOSEFA A SENTARSE NA BUTACA.
.
2. MARISOL MANFURADA
.
PRESENTADORAS:
-E despois deste momento tan emocionante, quen mellor para continuar que unha muller bravú?
- Unha mulher bravá, que fai “poética bravá” desde que, nos tempos do Rock Bravú uniu rap, reagge, punky e... regueifa!
- Ela é umha mulher poderosa, que nom nos vai deixar indiferentes. Vén do bairro de Monte Alto, da Coruña, e chega facendo tremer o mundo....
- Con todas e todos vós: Marisol Manfurada!
.
MARISOL SAE DO PÚBLICO. MÚSICA. CANTA DOUS TEMAS.
E DA PASO ÀS MOZAS DAS CRUCES: NURIA DAS CRUCES, NOA DO CAPÓN, IRIA ÁLVAREZ, LORENA MEDELA.
.
.
2. TERCEIRA ACTUACIÓN
.
Alumnado de Regueifa e improvisación oral en verso de Vila de Cruces: Nuria, Noa, Lorena, Iria.
.
As alumnas fan, improvisando, unha primeira ronda de presentación e de benvidas ao Encontro. Nuria e Noa dinamizan.
.
Nuria e Noa piden ao público dúas palabras rima para rimar. 1 volta.
E, en segundo lugar, piden un verso final, riman con pé forzado e fan outra volta.
.
3 MINUTOS PARA NURIA E NOA SOAS.
NURIA E NOA, REGUEIFANDO, PRESENTAN E DAN PASO AS MOZAS DE VIGO: POLOS NOMES:
LARA DO AR, SILVINHA, YOLANDA DAS CEREIXAS E BRANCA TRIGO.
.
Regueifa en duelo: a un lado, as catro rapazas das Cruzes, ao outro, as de Vigo.
Pideselle un tema ao público e fan un desafÍo de contrarios. Por exemplo: comida rápida vs comida tradicional
.
Cando acaban, marchan as das Cruces.
.
.
-
CUARTA ACTUACIÓN
.
Lara do Ar, Silvinha, Yolanda das Cereixas, Branca Trigo Cavaleiro. Alunas do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo.
.
10 minutos de regueifa entre elas.
.
.
-
QUINTA ACTUACIÓN
.
Alba María: improvisa 10 minutos soa coa guitarra.
.
Alba preséntase a si mesma e chama a SARA MARCHENA E ESTHER PORRIT.
Alba baixa ao público e convida a MARISA OTERO, que está no público.
Finalmente: chama a LUPE BLANCO, de Bergantiños,
E CONTAN UNHA HISTORIA, ENTRE TODAS, pedindolle ao público personaxe protagonista, inimigo, e un lugar de acción. Ou sexa, improvisan unha narración, con diálogos dramatizados.
.
SARA DA PASO AO VÍDEO DO CLUBE DA REGUEIFA DA ESCOLA SEMENTE
.
.
-
SEXTA ACTUACIÓN
.
VÍDEO DO CLUBE DA REGUEIFA DA ESCOLA SEMENTE
.
.
-
SETIMA ACTUACIÓN: DESPEDIDA DAS MULLERES
.
Entra Marisol Manfurada, entre o público. Chama a todas as mulheres. Xúntanse todas as mulleres xuntas no escenario.
.
LEN O MANIFESTO DA ASSEMBLEIA
.
.
-
DESPEDIDA: MARCO E CARLA
.
-Hoxe foi un día moi especial.
-O alumnado da materia de Regueifa e improvisación oral do instituto de Vila de Cruces queremos darvos as grazas por todo.
-Todas vós sodes as mellores.
-E por iso queremos darvos esta regueifa!
-Viva a regueifa!
- Adiante as mulleres repentistas!
.
AS PRESENTADORAS entregan a Regueifa-Bolo doce, às mulleres.
.
.
FIN