COMUNICACIÓN ESCÉNICA E PERFORMANCE

Folla de ruta - "Comunicación Escénica e Performance"

Presentación do tema

Estas dúas semanas tentaremos facer un percorrido sobre un dos campos menos traballados no repente: a comunicación corporal, a creatividade escénica, a dimensión teatral, o carácter performático da improvisación oral en verso.

A nosa investigación levaranos a un ámbito pouco coñecido no mundo da improvisación na Galiza, con aportacións inéditas. Así, o achegamento á quinésica e á comunicación semántica do movimento do corpo en escena parécenos un campo de formación abraiante.

Faremos un achegamento ás diferentes organizacións e espazos escénicos, o que nos permitirá coñecer, através de diferentes vídeos, as múltiples formas de presentación en público do repente galego. Tamén reflexionaremos sobre a importancia do público e a autoestima persoal e colectiva no desenvolvemento da regueifa como fenómeno social e como oportunidade para a formación persoal.


Obxectivos

Competencias profesionais docentes e Obxectivos para estas dúas semanas seguindo o modelo competencial da Rede de Formación:

Competencia: Dentro das Competencias Xenéricas de Perfil tentaremos achegarnos á de Investigador/a e innovador/a e, especialmente, Comunicación non verbal.

Obxectivos: Coñecer un ámbito de formación -a quinésica- inédito no estudo do repente galego. Valorar as posibilidades que ten a improvisación oral en verso como canalizador competencial. Ter en conta, como docentes, a dimensión psicolóxica do proceso de aprendizaxe do noso alumnado: seguridade persoal, autoestima.

 

No foro    "Comunicación escénica e performance" podemos intercambiar ideas e, se xorde, debatir coas compañeiras e compañeiros do curso para madurar as nosas reflexións sobre este tema. 

Evidentemente, animámoste a partillar no Foro calquera dúbida ou aspecto de interese.


Enquisa

Avaliación inicial

Analizaremos os nosos precoñecementos cunha avaliación inicial que nos anticipa os principais temas deste bloque de contido.

A continuación, ofrécese a posibilidade de, voluntariamente, coñecer un texto fundacional da linguaxe non verbal en lingua galega, da autoría de Aitor Rivas, que nos axudará a desenvolver novas habilidades analíticas. 


Paquete de contidos HTML    

Neste paquete poderedes atopar diversa información sobre:

  • As diferentes organizacións, diante do público, do repente galego: por parellas, tríos, en grupos...
  • Os diferentes espazos, escenarios en que pode transcorrer unha sesión de repente.
  • O público, e a súa participación activa no fenómeno.
  • A importancia do factor psicolóxico, nun bloque especial sobre autoestima e seguridade persoal e colectiva.
  • Información sobre linguaxe corporal e paralinguaxe, cunha introdución na quinésica, inmersión que pensamos de trascendental importancia na nosa formación.
  • Actividades prácticas e autoavaliáveis sobre a importancia do fenómeno escénico.

Actividades

Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias que si computan para a cualificación.

  •  Actividade - "Todo terreo: organización e espazos escénicos"
  •  Actividade - "O público"
  •   Actividade - "Autoestima persoal e colectiva"
  •  Actividade - "Un guión dun espectáculo escolar de repente galego"

Icona de avaliación das tarefas

Avaliaremos e cualificaremos estes desempeños através de dúas tarefas:

.

  •   Un Cuestionario sobre linguaxe corporal.
  •    Unha Tarefa para imaxinar unha actividade de repente no teu contorno profesional.
Última modificación: mércores, 15 de febreiro de 2017, 10:01 PM