1. Presentación

Esta é unha actividade de lectura. Vaiche ser útil para realizar o Proxecto Final.

Aquí vas encontrar material diverso sobre un exemplo de evento de regueifa organizado polo alumnado e o profesorado de RIOV. Son materiais que representan diferentes momentos e elementos dun Proxecto como o que ti tes que entregar.

Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento público de repentismo. O obxectivo era visibilizarmos a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentírmonos parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.

Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.

Para continuar, pasa a páxina.

Neste libro hai dez páxinas con diferentes informacións.