Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas
Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.
Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.
10. Repercusión mediática
Aqui podes ollar algunhas ligazóns a noticias que saíron nos medios de comunicación.
Un especial "Mulleres na regueifa" na web Historia de Galicia: aquí
Un programa especial sobre Muller e regueifa no programa "A punta da navalla", da Asociación ORAL": aquí
"Elas demostran que tamén saben regueifar", artigo no Faro de Vigo: aquí
"Primeiro encontro de mulleres regueifeiras" no Sermosgaliza.gal: aquí
No Portal Galego da Língua: aquí