7. Rúbrica para avaliar a competencia "Aprender a aprender"

Esta é parte da rúbrica para avaliar a competencia "Aprender a aprender". É a parte que nos interesa para reflexionar sobre avaliación e autoavaliación do proceso de organización, participación e autoxestión do evento de repente, neste caso, o I Encontro de Mulleres Repentistas

Competencia para aprender a aprender (CC) 2º da ESO

Proceso

Estándares prioritarios

Rúbrica do nivel de logro

Excelente

(2,5-3 puntos)

Satisfactorio

(2-1,5 puntos)

Básico

(1,5-0.75 puntos)

Escaso

(0.75-0 puntos)

Valoración da xestión do traballo individual e colectivo para desenvolver proxectos.

Participación no proceso de aprendizaxe organizando procesos cooperativos, de forma persoal e/ou en grupo, con creatividade.

(2,5 puntos)

2º RIOV. B5.1.1. Participa activamente na planificación e xestión dun encontro de regueifa.

2º RIOV. B2.5.1. Elabora organiza e difunde o material elaborado sobre regueifa através das TIC.

2º RIOV. B2.1.2. Valora o patrimonio inmaterial como elemento de desenvolvemento sociocultural.

2º RIOV. B5.2.1. Comprende que forma parte do proceso de transmisión da regueifa.

Participa sempre de forma activa, planificando e xestionando, individualmente e en grupo ,o proceso de organización dun encontro público de improvisación oral en verso.

Elabora e difunde material sobre regueifa através das TIC, sempre que é necesario, con autonomía e excelente calidade comunicativa.

Ten en grande valor o patrimonio inmaterial así como a súa función persoal na transmisión sociocultural da improvisación oral en verso.

Sempre gosta de coñecer e incorporar os valores éticos do movemento social da improvisación en verso: colaboración mutua, resolución de conflitos de forma non violenta, defensa da xustiza social, humor, non competitividade, movemento colectivo cooperativo...

Na organización dun encontro de regueifa, participa de forma satisfactoria, tanto a nivel individual como no traballo en grupo.

Elabora e participa adecuadamente na difusión, através das TIC; dos materiais sobre regueifa e improvisación oral en verso.

Valora de forma satisfactoria o patrimonio inmaterial así como a súa función como axente de transmisión da regueifa.

Asume, de forma satisfactoria, os valores éticos da improvisación oral en verso que caracterizan o movemento na Galiza, especialmente o humor, a non competitividade, ou a defensa da xustiza social contra as discriminacións.

Participa, cunha intensidade básica, na organización dun encontro público de regueifa

Elabora e difunde os materiais da regueifa, através das TIC, de vez en cando.

Con carácter xeral, non valora, á que nos aspectos máis básicos, o patrimonio inmaterial, e a súa función como axente transmisor da regueifa.

Asume algúns dos principios éticos do movemento da regueifa, de vez en cando: humor, non competititividade, xustiza social, etc.

Non participa activamente na organización dun encontro de regueifa.

Non elabora nunca ou case nunca material sobre regueifa através das TIC, nin os difunde.

Non valora nunca ou case nunca a importancia do patrimonio inmaterial nin comprende a importancia da súa función na transmisión e socialización da improvisación oral en verso.

Non participa dos valores do movemento educativo e social da regueifa: humor, xustiza social, non cmpetititividade, etc.