Nesta sesión achegarémonos ao eido da edición de imaxe dixital, para aprender a facer unhas cantas tarefas sinxelas pero útiles que nos permitirán empregar máis e mellor a imaxe dixital no noso traballo. Aprenderemos uns conceptos básicos (tipos de imaxe, resolución, peso, formatos...), coñeceremos un programa de edición de imaxe, o GIMP, e faremos unhas cantas cousas con el (escalar unha imaxe, recortala, eliminar o fondo...) e, finalmente, veremos como incorporar todo isto nos nosos documentos e blogs.