F2301020 Educación nas relacións afectivo-sexuais
Topic outline
-
As novas xeracións están a medrar nun ecosistema e cun patrón de interacción ben distinto ao que tiñamos décadas atrás. A presión cada vez maior que exercen as redes sociais a idades temperás, a sexualización prematura da infancia e a adolescencia, as dificultades que cada vez máis nenas e nenos experimentan a nivel de identidade de xénero e orientación sexual, o aumento do consumo de pornografía, con contidos claramente discutibles... tradúcense a miudo en serias dificultades a nivel tanto de saúde mental como de convivencia. A EDUCACIÓN, e en particular a Educación Afectivo-Sexual, é sen lugar a dúbidas unha das mellores ferramentas das que podemos botar man para afrontar este novo desafío colectivo, a mellor armadaura preventiva para desenvolver unha sociedade máis san, madura, respectuosa e inclusiva. O centro educativo é un excelente escenario de oportunidade para tal fin. Grazas polo voso esforzo. Benvidas e benvidos.
Antonio Rial - Belén Montesa - Patricia Gómez
-
Utilizas este espazo para plantexar dúbidas, consultas ou simplemente compartir información de interés coas túas compañeiras e compañeiros
-
-
TAREFA DE AVALIACIÓN FINAL
Para dar conta das competencias e coñecementos adquiridos durante as diferentes sesións incluidas no presente curso de fomación, pedímosche que tentes elaborar unha proposta persoal do que podería ser un Obradoiro de Educación Afectivo-Sexual a desenvolver co alumnado en tres ou catro sesións, ben de Primaria ou de Secundaria, a opción que che resulte de maior interés.
Dita proposta non debe exceder de máis de 3-4 páxinas e incluirá os seguintes apartados:
1. Xustificación do Obradoiro
2. Obxectivos e Competencias a desenvolver
3. Alumnado ao que vai dirixido
4. Contidos, estructura/sesións
5. Dinámica de traballo
6. Recursos e materiais de apoio
7. Avaliación