Esquema de temas


  • Medios De Comunicación Social, Social

    O fenómeno das adiccións segue a constituir un dos grandes problemas de saúde pública a nivel mundial, suscitando unha especial preocupación social no caso da mocidade, e do que a comunidade autónoma de Galicia non é allea. A pesares de que os datos recollidos na última Encuesta Estatal sobre uso de Drogas en Enseñanza Secundaria [ESTUDES 2022-2023] sinalan unha discreta diminución do consumo dalgunhas sustancias (posiblemente de carácter coxuntural, consecuencia das restriccións derivadas no seu momento da COVID-19), en xeral os índices de consumo continúan situándose en cifras realmente preocupantes. Tales cifras, xunto a aparición de novos patróns de consumo especialmente perigosos, as idades de inicio cada vez máis temperás nas que nenas e nenos se incian no consumo das diferentes substancias e, sobre todo, o crecente problema que supoñen as denominadas “adiccións comportamentais" ou "sen substancia”, tradúcense nun enorme desafío para todas e todos, familias, educadores, gobernos e institucións. Os centros educativos convértense, como consecuencia, nun fantástico esceario de oportunidade no que é preciso traballar. O feito de poder dispor de profesionais no eido escolar motivados e debidamente formados, con habilidades, ferramentas e recursos cos que contribuir á detección precoz das adiccións é un elemento clave, decisivo e inexcusable para poder mellorar o labor preventivo e diminuir o problema.

    Grazas polo voso esforzo. Benvidas e benvidos

    Antonio Rial - Manuel Isorna


  • PROFESORADO

    Estes son os dous titores que nos acompañarán nesta formación.

    ANTONIO RIAL BOUBETA (Profesor da USC)

    Antonio Rial Boubeta

    MANUEL ISORNA FOLGAR (Profesor da UVIGO)
    Manuel Isorna Folgar - — Regueifas de Ciencia

  • SESIÓN 1 (24 xaneiro): Antonio Rial

  • SESIÓN 2 (31 xaneiro): Manuel Isorna

  • SESIÓN 3 (7 febreiro): Antonio Rial